Discoverer Enterprise

A Discoverer Enterprise é unha plataforma petrolífera móbil, tipo FPSO (Floating Production Storage and Offloading vessel), con dobre casco e dinamicamente situada, construída no estaleiro ASTANO, na ría de Ferrol. Foi botada o 12 de decembro de 1997 e entregada o 6 de agosto de 1998. Na data da súa botadura era a maior plataforma petrolífera do mundo[1].

Discoverer Enterprise

Discoverer Enterprise o 26 de maio de 2010, no accidente da plafatorma Deepwater Horizon.
Historial
Estaleiro ASTANO
Clase Discoverer
Tipo FPSO
Operador Transocean
Triton Asset Leasing GmbH (armador)
Porto de rexistro Illas Marshall Illas Marshall, Majuro
Botado 12 de decembro de 1997
Asignado 6 de agosto de 1998
Viaxe inaugural Ferrol-Houston
Destino Golfo de México
Características xerais
Desprazamento 69.500 DWT
63.190 GRT
Eslora 254,40 m
Manga 38,00 m
Puntal 19,00 m
Calado 13 m
Propulsión 6 x AC Aquamaster 7000cv thrusters
Potencia 6 x Cegelec 5500kw, 1260vac
Velocidade 10 nós
Tripulación >200
Capacidade Lama líquida: 2.447 m³ (86.400 cu ft)
Auga para perforación: 2.177 m³ (76.900 cu ft)
Auga potable: 794 m³ (28.000 cu ft)
Fuel Oil: 3.972 m³ (140.300 cu ft)
Lama Bulk: 453 m³ (16.000 cu ft)
Cemento Bulk: 453 m³ (16.000 cu ft)
Aeronaves Helicóptero Sikorsky S-61 ou Chinook 234

Sinal de chamada: V7HD2
DNV ID: 19643
Número OMI: 9186792
Número MMSI: 538002215

Características editar

  • Eslora: 254,4 m.
  • Manga: 38 m.
  • Puntal: 19 m.
  • Velocidade: 10 nós
  • Máxima profundidade do mar en perforación: 3.048 m.
  • Máxima profundidade de perforación: 10.668 m.
  • Condicións operativas con temporal: Con ventos de 100 nós, ondas de 15 m e correntes mariñas de 2,2 nós.
  • Aforro do 25 % do tempo e custos na exploración e perforación, con respecto ás plataformas convencionais.

O Discoverer Enterprise foi o primeiro dunha serie de tres construídos en Astano:

Acontecemento editar

 
A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías.

Na noite do 13 de xaneiro de 1998 a Discoverer Enterprise estaba atracada no peirao nº 10 de ASTANO, no concello de Fene, estando a traballar a quenda de noite. Durante a madrugada, o temporal rachou coas estachas que a mantiñan amarrada ó peirao do estaleiro, logo de padecer ventos que acadan os 140 km/h. Aínda non ben pasara un cuarto de hora, cando a plataforma bateu lateralmente coa ponte das Pías, destruíndo uns 100 m do taboleiro, varios piares e a traída de augas dos concellos de Ares, Fene e Mugardos e sen producirse danos persoais. Na tarde dese mesmo día, aproveitando a preamar, retirouse coa axuda de varios remolcadores.

Os efectos do accidente supuxeron que, durante os seis meses seguintes, colapsase a antiga vía de entrada a Ferrol, atravesando os concellos de Neda e Narón, cun percorrido superior ós oito quilómetros, chegando as retencións ata Pontedeume nalgunha ocasión. A reconstrución da ponte foi inmediata e o acceso restableceuse oficialmente o 10 de marzo, agora con catro carriles en lugar dos dous que tiña orixinalmente.

Notas editar

  1. Discoverer Enterprise: La plataforma de perforación más grande del mundo Escrito por Mark Thomas, Rosen Publishing Group.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar