Det Norske Veritas
Sociedade de clasificación
Det Norske Veritas ou (DNV) é unha sociedade de clasificación de buques fundada en Noruega en 1864 organizada como unha fundación que ten como obxectivos: "coidar a vida, as propiedades e o medio ambiente". Xunto con Lloyd's Register e American Bureau of Shipping é unha das tres maiores compañías clasificadoras de buques do mundo, ten 300 oficinas en 100 países.
Det Norske Veritas | |
---|---|
Tipo | Fundación |
Fundación | 1864 |
Localización | Bærum, Oslo, Noruega |
Persoas clave | Henrik O. Madsen (CEO) Atle Bergshaven (Director) |
Industria | Naval, química, enerxía, gas e petróleo |
Produtos | Clasificación de buques |
Número de empregados | 10.000[1] |
Na rede | |
https://www.detnorskeveritas.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As industrias máis importantes onde opera a compañía inclúen transporte marítimo, a enerxía (tamén eólica e solar), aviación, automoción, finanzas, alimentación, saúde e tecnoloxías da información.
Organización
editarA fundación opera con tres corporacións:
- DNV Maritime and Oil & Gas Classification adicada á verificación, avaliación de riscos e soporte técnico no sector marítimo, gas e petróleo.
- DNV KEMA Energy & Sustainability Counselling probas e servizos de certificación no sector enerxético, enerxías renovables, emisións, eficiencia enerxética, xeración eléctrica, transformación e distribución eléctrica.
- DNV Business Assurance Certificación, avaliación, formación, procesos e organización a nivel mundial nun amplo espectro de sectores.
Tamén ten a filial Software DNV, programas de deseño naval, enxeñería, avaliación e cálculo.
Notas
editar- ↑ Annual Report (PDF) (Informe). 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2012.(en inglés)