Floating production storage and offloading

(Redirección desde «FPSO»)

As Floating production storage and offloading, ou FPSO, son unidades navais flotantes de produción, almacenamento e descarga empregadas nos campos petrolíferos de gas e petróleo en mar a fóra. Os FPSO empréganse como unidades de almacenamento e primeiro procesado de petróleo, gas e derivados. Operan en campos petrolíferos recibindo o petróleo e gas por tubarías submarinas de varios pozos. As primeiras versións eran FSO (floating storage and offloading vessel), só facían o almacenamento do petróleo ata o transvasamento a buques lanzadeira (chamados shuttle) que o achegaban ás refinarías da costa.

Campo petrolífero explotado por un FPSO.

Historia editar

 
Inicios da industria offshore en Summerland, California, en 1915
 
Tipos de estruturas offshore da industria petroleira. (de esquerda a dereita):
1, 2) plataformas fixas convencionais (profundidades: Shell’s Bullwinkle en 1991 a 412 m/1,353 ft GOM)
3) compliant tower (profundidades: ChevronTexaco’s Petronius en 1998 a 534 m /1,754 ft GOM)
4, 5) vertically moored tension leg and mini-tension leg platform (deepest: ConocoPhillips’ Magnolia in 2004 1,425 m/4,674 ft GOM)
6) Spar (profundidade: Dominion’s Devils Tower en 2004, 1,710 m/5,610 ft GOM)
7,8) Semi-submersibles (deepest: Shell’s NaKika in 2003, 1920 m/6,300 ft GOM)
9) Produción flotantes, almacenaxe, e descarga (profundidades: 2005, 1,345 m/4,429 ft Brazil)
10) sub-sea completion and tie-back to host facility (deepest: Shell’s Coulomb tie to NaKika 2004, 2,307 m/ 7,570 ft). Datos de 2005.

Nos inicios da industria petroleira as estruturas dos pozos petrolíferos eran torres en terra. A explotación e esgotamento dos pozos petrolíferos levou á necesidade de buscar novos pozos de petróleo. O mar, como no Golfo de México, foi o lugar onde se fixaron plataformas. Nun principio eran sinxelas construcións. Ampliacións de peiraos existentes e conectados a terra por pasarelas. O esgotamento do petróleo fixo evidente a necesidade de entrar cada vez máis no mar. Ata que a distancia á costa e a profundidade á que se estaba a perforan obrigaron a que fosen construcións illadas pero aínda fixadas ao fondo. Este sistema continuou a empregarse e foise perfeccionando ata acadar as torres profundidades de centos de metros. Nun principio os traballadores ían e viñan tódolos días a terra, en quendas de traballo, pero ao estar vez máis afastados da costa fíxose evidente que non era viable ir e vir cada día polo que houbo que habilitar eses lugares de traballo para facelos axeitados para pasar semanas alí. Xurdiron as plataformas petrolíferas con módulos habitacionais. Cidades de traballadores sobre o mar. O aumento da profundidade na que se estaba a extraer petróleo levou á construción de plataformas flotantes, xa non fixadas ao fondo do mar. Agora aboiaban e podían ir dun pozo petrolífero a outro ao esgotarse. Ata entón ao esgotar un pozo alí quedaba a plataforma e a estrutura que a sostiña. O aumento do tamaño das plataformas petrolíferas e que cada vez fosen máis custosas facía necesarias grandes investimentos de cartos. Había que buscar e explotar pozos rendibles de xeito que pozos pequenos tiñan que ser abandonados ou non chegaban a entrar en explotación. De aí xurdiu a idea e a necesidade de facer unidades FPSO nun principio só FSO (floating storage and offloading vessel ). Buques transformados para captar o petróleo de varios pozos e almacenalo, sen transformación algunha, ata que era levado a outro buque lanzadeira que o achegaba á refinaría. Eran polo tanto buques existentes adaptados para esa función. O xurdimento da tecnoloxía FPSO está ligada á evolución da industria do petróleo, os prezos e mellora da tecnoloxía naval. O primeiro FPSO foi o Shell Castellon de 1976 construído en España[1]. Xa con moitas das características actuais dos FPSO: forma de buque, capacidade para almacenar petróleo, moonpool (apertura en cuberta para conectar ao pozo), guindastres, sistemas de conexión a lanzadeiras, sistemas de fondeo, habilitación para traballadores ou posteriormente heliporto.

O Offshore en Galiza editar

Construcións off-shore de Astano
 
Discoverer Enterprise no Golfo de México.
Número Nome Tipo Botado
266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989
267 Gryphon A FPSO 15-04-1992
269 Alba FSU FSU 09-03-1993
273 Petrojarl Foinaven FPSO 28-08-1995
274 Captain FPSO FPSO 2-07-1996
275 Discoverer Enterprise Drill Ship 12-12-1997
276 Discoverer Spirit Drill Ship 14-05-1999
277 Discoverer Deep Seas Drill Ship 22-12-1999
279 Farwah FPSO 7-10-2002

Nos anos 1980 a reconversión do sector naval pola entrada na CEE fixo que Astano tivese que abandonar a construción naval de buques convencionais e adicarse a outro sector, o offshore. Primeiramente o estaleiro construíu unha plataforma flotante para a perforación petrolífera, a Drillamar I. Enxeñería desenvolvida xunto con empresas norteamericanas. Nos anos seguintes Astano fabricou artefactos offshore para armadores noruegueses, de Gran Bretaña e dos Estados Unidos.

En 1997, coa experiencia adquirida no sector offshore, Astano desenvolveu a primeira plataforma petrolífera con forma de buque do mundo, o Discoverer Enterprise. Ata entón todas eran transformacións de buques existentes. No momento da súa botadura en 1997 o Discoverer Enterprise era a maior plataforma petrolífera do mundo con 254,40 metros de eslora.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar