Carmen Prieto
Carmen Prieto Rouco, nada en Vilalba o 13 de xaneiro de 1901[1] e finada na mesma localidade o 11 de maio de 1977[2], foi unha poetisa e dramaturga galega.
Carmen Prieto | |
---|---|
![]() Carmiña Prieto Rouco, retrato en Vida Gallega, 1933. | |
Nome completo | Carmen Prieto Rouco |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1901 |
Vilalba | |
Falecemento | 11 de maio de 1977 |
Vilalba | |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | poeta e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
ObraEditar
Epígono de Rosalía de Castro, comezou a escribir moi nova, algúns poemas publicados en Horas de frebe datan de cando tiña trece anos[3], a súa poesía, costumista e dun lirismo subxectivo, céntrase no mundo rural, frecuentemente cun ton anticaciquil, tecnicamente os seus versos amosan defectos no ritmo[2] e o seu galego é algo forzado[4]. Moitos dos seus poemas apareceron en Faro Villalbés. Está considerada unha das precursoras da escrita teatral galega canda Herminia Fariña[5]. De ideoloxía católica conservadora durante a guerra civil cantou as glorias de Francisco Franco[6] e deixou de publicar en galego ata 1956 cando publicou o poemario bilingüe Lluvia menuda.
PoemariosEditar
- Horas de frebe (1926)
- Lluvia menuda (1956, bilingüe)
- A virxe viuda. Hestoria dun amor (1964)
- O derradeiro (1977, póstumo)
Obra teatralEditar
- A loita (1923, monólogo anticaciquil e de propaganda das Irmandades da Fala)
- O lexionareo (1925, monólogo patriota español con motivo da guerra de África)
- O embargo (traxedia)
- Treidores celos (zarzuela)
- A boda do afillado (monólogo)
- O secreto da bruxa (sainete)
NotasEditar
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1954). "Prieto Rouco, Carmen". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 129.
- ↑ 2,0 2,1 Carballo Calero, R. (198). Historia da literatura galega contemporánea (3ª ed.). Galaxia. pp. 562–563.
- ↑ Arturo Casas Público e empresas editoras na poesía galega entre a fundación das Irmandades da Fala e a Guerra Civil en Homenaje a Benito Varela Jácome. USC, 2001, páxina 109.
- ↑ Germán Bleiberg, Maureen Ihrie e Janet Pérez Dictionary of the literature of the Iberian Peninsula, Volume 2. Greenwood Publishing Group, 1993, páxina 1314
- ↑ Carmen Blanco Literatura galega da muller. Xerais, 1991, pp. 328-333
- ↑ Xoán Pastor Rodríguez Santamaría Penélopes de tinta: as mulleres na poesía galega. Da guerra civil á palabra no tempo Arquivado 16 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza 3, 2007