José de la Cuesta Crespo

xurista, escritor e xornalista galego

José de la Cuesta Crespo, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1849 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1893, foi un xurista, escritor e xornalista galego.

José de la Cuesta Crespo
Nacemento12 de decembro de 1849
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento13 de xaneiro de 1893
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, xurista e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou dereito e diplomacia na Universidade de Madrid. Colaborou no periódico La Reforma, de Madrid, no diario El Progreso de Pontevedra, onde publicou o artigo “Pontevedra juzgada por su naturaleza”, en La Unión Gallega e foi redactor de La Patria (1886). En 1887 fundou a revista La Ley, que se editou ata a súa morte. Foi membro correspondente da Sociedad Arqueológica de València, socio da Economía Matritense e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela.

ObrasEditar

  • Clases pasivas civiles y militares.
  • El derecho de las clases pasivas, 1889.
  • El procedimiento administrativo, 1890.