Abrir o menú principal

Julio Silva Vilas

sindicalista, político e xornalista galego

Julio Silva Vilas, nado en Ribeira o 15 de xullo de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista, político e xornalista galego.

Julio Silva Vilas
Nacemento15 de xullo de 1909
 Ribeira
Falecemento29 de xaneiro de 1937
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Barbeiro. Secretario xeral da UGT de Ribeira. Foi membro da Juventud Cultural Republicana. Colaborou en La Lucha, RAIG e Ser. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]

Vida perosalEditar

Casou con Carmen Pérez Martínez o 21 de outubro de 1935, coa que tivo un fillo.

NotasEditar

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Diarios de Julio Silva. Ribeira: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Ribeira. 2019. 

Ligazóns externasEditar