José Lijó Louro

José Lijó Louro, coñecido como Pepe o cocheiro, nado en Ribeira en 1900 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

José Lijó Louro
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chofer. Membro Sindicato xeral de traballadores da CNT e do Comité da Fronte Popular en Ribeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao e José Sieira González,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]

NotasEditar

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar