Antón Carracedo

político galego
(Redirección desde «Antonio Carracedo Sacedón»)

Antonio Carracedo Sacedón, coñecido como Antón Carracedo, nado en Laxe o 29 de xaneiro de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE, que foi alcalde de Laxe a principios do século XXI.

Infotaula de personaAntón Carracedo
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Laxe, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Laxe Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi director do ISM en Laxe. Comezou a súa carreira política en Esquerda Galega encabezando a candidatura en Laxe en 1983 e logrando 1 concelleiro. En 1987 e 1991, xa como PSG-EG logrou 3 concelleiros e foi a segunda forza política. En 1995 integrouse con todo o seu equipo no PSdeG-PSOE, formación que encabezou e coa que logrou 5 concelleiros, quedándose a 1 de lograla maioría fronte ao PPdeG. En 1999 foi elixido alcalde de Laxe con maioría absoluta tras un empate inicial a votos co Partido Popular, pero finalmente terminou superándoo en votos trala anulación de 5 votos da emigración ó PPdeG, tras diversas irregularidades no voto emigrante ás que se lle sumou a aparición de dous sobres na papeleira.[1] Nas eleccións municipais de 2003 foi reelixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas municipais de 2007 tamén con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu acadar a alcaldía como cabeza da lista máis votada. Ao remate desa lexislatura deixou a primeira liña política.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia Carballo, 21-7-1999 p.36

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Antonio Castro Lema
  
Alcalde de Laxe
 
1999 - 2015
Sucesor:
José Manuel Mouzo