José Manuel Mouzo

político socialista galego que foi alcalde de Laxe

José Manuel Mouzo Castiñeira, nado na Coruña en 1966[1] e finado o 16 de maio de 2021[2], foi un político do PSdeG-PSOE, que chegou a ser alcalde de Laxe.

José Manuel Mouzo
Nacemento1966
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento16 de maio de 2021
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntransportista, político e alcalde dun concello en España
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Profesional do sector do transporte, empezou a militar en política en 1983, en Esquerda Galega, canda o seu compañeiro Antón Carracedo. Seguindo a Carracedo incorporouse ao PSOE en 1993, e chegou a concelleiro nas eleccións municipais de 2007, con Carracedo como alcalde. Foi concelleiro de cultura e de protección civil ata que en 2015, logo de retirarse Carracedo[3], encabezou a candidatura socialista. Malia baixar en votos, retivo a alcaldía para o seu partido grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións municipais de 2019 a súa lista foi derrotada e abandonou a alcaldía. Porén, continuou como voceiro socialista ata o seu falecemento.

Vida persoal editar

Vivía en Matío (Nande). Casou e tivo dous fillos.

Notas editar

  1. "«Pola Xunta, Laxe non existiría. Todo o que logramos é grazas á Deputación»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-04. Consultado o 2021-05-16. 
  2. "Fallece a los 54 años José Manuel Mouzo, exalcalde de Laxe". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-16. Consultado o 2021-05-16. 
  3. "Antón Carracedo anuncia por sorpresa que no se presentará a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-07-12. Consultado o 2021-05-16. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Antón Carracedo
  
Alcalde de Laxe
 
2015 - 2019
Sucesor:
José Luis Pérez Añón