Xabier López López

escritor galego

Xabier López López, nado en Bergondo o 29 de xaneiro de 1974, é un escritor galego.

Xabier López López
Xabier López recolle o Premio Torrente Ballester 2018.
Nacemento29 de xaneiro de 1974
Lugar de nacementoBergondo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónescritor
IrmánsPaulo Carlos López
Coñecido porCadeas
PremiosPremio Xerais e Premio da Crítica de narrativa galega
Na rede
Bitraga: 2983 AELG: 280 Dialnet: 3625850
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 

Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.

Colaborador ocasional de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, contempla primordialmente a novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.

Obras editar

Narrativa editar

  • Doutor Deus, 1999, Sotelo Blanco.
  • O caderno, 2001, Sotelo Blanco.
  • O mono no espello, 2002, Sotelo Blanco. Publicada en castelán no 2014, co título El mono en el espejo, por editorial Baile del Sol.[1]
  • A estraña estrela, 2003, Galaxia.Publicada en portugués no 2004, co título A estranha estrela, por Deriva editores.[2]
  • A vida que nos mata, 2003, Galaxia. Publicada en castelán no 2014, co título La vida que nos mata, por Editorial Funambulista.[3]
  • Trinta e dous dentes, 2007, Galaxia. Publicada en castelán no 2015, co título Treinta y dos dientes, por Pulp Books.[4]
  • Os libros prestados, 2010, Galaxia. Publicada en castelán no 2013, co título Los libros prestados, por Libros de Pizarra.[5]
  • 1989, 2013, Biblos Clube de Lectores. Publicada en castelán no 2015 por Editorial Adeshoras.[6]
  • Cadeas, 2013, Xerais, Premio Xerais de novela. Publicada en castelán no 2017, co título Cadenas por editorial Hoja de Lata.[7]
  • Olympia Ring, 1934, 2014, Galaxia. Publicada en castelán no mesmo ano por Editorial Gregal.[8]
  • Max & Franz, 2018, Editorial Pre-Textos.
  • 900 (2019). Galaxia. 904 páxs. ISBN 978-84-9151-389-6.[9][10]
  • Cocaína, 2022, Menino Morreu.
  • Contrabiografía (2024). Vigo: Galaxia. 218 páxs. ISBN 978-84-1176-180-2.

Literatura infanto-xuvenil editar

  • Biff, Bang, pow! (novela case negra), 1997, Sotelo Blanco.
  • A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título El viejo tiburón pierde los dientes, por Edebé.[11] Traducido ao árabe en 2015 por editorial Kalima, Emiratos Árabes Unidos. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press.
  • Cando Artur non era rei, 2012, Galaxia.
  • Son un can!, 2013, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título ¡Soy un perro, por Edebé. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press.[12]
  • O home que sabía voar, 2015, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2017, co título El hombre que sabía volar, por Edelvives.[13]
  • Os tres desexos, 2017, Tambre-Edelvives.
  • O segredo da vella librería, 2018, Galaxia.
  • Tres segundos na zona, 2022, Oqueleo.
  • Un frautista en Nilemah, 2023, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2023, co título Un flautista en Nilemah, por Edelvives

Traducións editar

  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.

Participación en obras colectivas editar

  • Ollos verdes/Ojos verdes en Trece por docena, 2005, Caballo de Troya.
  • Vacheron Constantin en Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, 2013, Xerais.
  • Vida (e desventuras) dun libro (de poesía) en O libro dos libros, 2018, Galaxia.[14]
  • Amor aos animais en Contra o vento, 30 anos do premio García Barros, 2018, Galaxia.
  • Do caso que lle aconteceu a Alfredo Aneiros en Miño (Antoloxía do relato galego actual), 2023, Xerais.

Premios editar

Vida persoal editar

É irmán do xornalista e político Paulo Carlos López.

Notas editar

  1. "El mono en el espejo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  2. "A estranha estrela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  3. "La vida que nos mata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  4. "Treinta y dos dientes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  5. "Los libros prestados". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  6. "1989". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  7. "Cadenas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  8. "Olympia Ring". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  9. "900". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-03. 
  10. Monteagudo, Antía (Xaneiro-xuño, 2020). "O convulso século 200". Grial. LVIII (225, 226): 68–69. ISSN 0017-4181. 
  11. "El viejo tiburón pierde los dientes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  12. "¡Soy un perro!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  13. "El hombre que sabía volar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  14. "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 5/12/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar