Paulo Carlos López

xornalista, politólogo e profesor galego

Paulo Carlos López López, nado en Bergondo o 5 de decembro de 1985 e veciño de Betanzos, é doutor en Ciencia Política e en Comunicación, xornalista, politólogo e político galego.

Paulo Carlos López López
Nacemento5 de decembro de 1985
Lugar de nacementoBergondo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónProfesor universitario
IrmánsXabier López López
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Académica editar

Licenciouse en Xornalismo (2007) e en Ciencias Políticas e da Administración (2011) na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o título de doutor en Comunicación e Industrias Creativas (2016)[1] coa tese que leva por título A axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadanía, dirixida por Luís Álvarez Pousa. É tamén doutor en Ciencia Política pola Universidade de Valencia (2023), coa tese La construcción de las agendas políticas digitales: comunicación on-line, emociones y polarización en elecciones presidenciales latinoamericanas, [2] dirixida por Pablo Oñate, presidente da International Political Science Association. Conta con estancias de investigación posdoutorais e foi profesor convidado en universidades chilenas, arxentinas, portuguesas e ecuatorianas.

 
Papeleta de Coalición por Europa (2014)

Forma parte do departamento de Ciencia Política e Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela[3] sendo profesor no grao en Ciencia Política e da Administración e no grao en Comunicación Audiovisual, membro do Equipo de Investigaciones Políticas[4] e integrante da Rede Internacional de Xestión da Comunicación (XESCOM)[5][6].

Igualmente foi docente na Pontificia Universidad Católica del Ecuador na cidade de Ibarra dende o ano 2016 ata o ano 2019, dirixindo o primeiro grupo de investigación da institución, Medios, Tecnologías Aplicadas y Comunicación[7], e colaborando para que Ecuador fora o segundo país latinomericano con maior produción científica na área de Comunicación no ano 2018, só por detrás do Brasil[8][9]. Foi coordinador do primeiro máster oficial de Comunicación Política do Estado latinoamericano[10] avalado polo Consejo de Educación Superior [11] .

Coordina os talleres académicos internacionais Workshop in Marketing, Consulting, Political Communication and Technologies[12], o Workshop on Media, Applied Technology and Communication[13] e a Comisión de Comunicación Política[14] dependente da Universidad de Palermo (Buenos Aires).

Conta con máis dun cento de publicacións científicas en Comunicación e Ciencia Política en revistas de impacto nacionais e internacionais (indexadas Journal Citation Reports e Scopus) tales como Comunicar, Revista Española de Ciencia Política, Revista de Estudios Políticos, Análisis Político, El Profesional de la Información, Journalism Practice, Revista Latina de Comunicación Social, Estudios Sobre el Mensaje Periodístico, Razón y Palabra, Cluster Computing, Communication & Society, Revista Ibérica de Sistemas e Tecnologias de Informação ou Prisma Social. Igualmente, ten publicacións nas coleccións de Springer, Routledge, Palgrave Macmillan, Centro de Investigaciones Sociológicas ou Tirant lo Blanch consideradas polo índice Scholarly Publishers Indicators as máis destacadas no ámbito científico.[15].

Colabora e colaborou en varios medios de comunicación (Grupo El Correo Gallego[16] e Tempos Novos).

Política editar

 
Paulo Carlos López (á esquerda), xunto con Jon Iñarritu (segundo pola esquerda), Carles Campuzano (segundo pola dereita) e Xoán Bascuas (primeiro pola dereita), nunha charla en Santiago de Compostela (Praza Pública, 2013).

Militou no BNG desde os 16 anos, facendo parte dos órganos de dirección das súas xuventudes, Galiza Nova. Tamén formou parte dos Comités Abertos de Faculdade (CAF), sendo representante do estudantado en órganos da USC.

Dentro do BNG militou en Esquerda Nacionalista, sendo escollido en outubro de 2007 portavoz nacional de Esquerda Nacionalista-Mocidade[17]. Nas eleccións xerais do ano 2008 foi candidato ao Congreso dos Deputados pola circunscrición da Coruña[18][19]. Logo dunha escisión de Esquerda Nacionalista, pasa a formar parte da corrente interna do BNG Espazo Socialista Galego e do seu Consello Político Nacional. Esquerda Nacionalista-Mocidade abandona Esquerda Nacionalista e pasa a integrar Espazo Socialista Galego a partir do proceso Espazo Aberto en Galiza Nova. O 25 de abril do 2009 foi escollido secretario xeral de Mocidade Socialista Galega (MSG)[20], as xuventudes de Espazo Socialista Galego.

Logo da Asemblea Nacional Constituínte de +BNG o 21 de novembro de 2009, no cal se integra o Espazo Socialista Galego, a MSG foi recoñecido como o seu referente xuvenil, formando parte a Secretaría Xeral do seu Consello Político Nacional e da súa Comisión Permanente.

Na Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG o 10 de maio de 2009 ocupou o posto número 44 na lista de +BNG ao Consello Nacional do Bloque e non foi elixido. Ao se constituír a Mocidade Nacionalista Galega en novembro de 2010, logo do proceso +Mocidade no que se integrou a MSG, Paulo Carlos López foi elixido o seu primeiro secretario xeral[21].

Logo da escisión do Bloque Nacionalista Galego, Paulo Carlos López pasou a ser un dos fundadores de Compromiso por Galicia, de cuxa Executiva Nacional formou parte, situación que compatibilizou coa de secretario xeral da Mocidade Nacionalista Galega ata o ano 2013. Foi candidato ao Parlamento de Galicia no ano 2012[22]. Gañou as primarias convocadas en 2014 para escoller o candidato de Compromiso por Galicia aos comicios europeos [23], na coalición con CiU, PNV e Coalición Canaria. Foi representante de Compromiso por Galicia no Parlamento Europeo entre os anos 2014 e 2016 destacando iniciativas sobre os prezos abusivos das peaxes en Galicia, a memoria histórica, a protección ambiental da Ría de Betanzos e a igualdade no deporte[24][25].

Dimitiu do seu cargo e abandonou o partido en 2016 pola deriva ideolóxica deste cara ao centrismo así como por discrepancias coa política de alianzas, xa que entendía que Compromiso debía "apostar decididamente por sumar no novo espazo político que constituía En Marea"[26].

En 2023 foi escollido voceiro de Sumar Galicia[27].

Obras editar

Coordinación obras científicas colectivas editar

  • La Comunicación en la nueva sociedad digital, 2018, Pontificia Universidad Católica de Ecuador e Universidade de Santiago de Compostela [28]
  • Comunicación política, tecnologías y fact-checking, 2022, Tirant lo Blanch. [29]
  • Política, sociedad y tecnologías, 2022, Tirant lo Blanch. [30]

Vida persoal editar

É irmán do escritor Xabier López.

Notas editar

  1. Touriño y Quintana escuchan juntos la tesis doctoral que indaga en el fin del bipartito
  2. Repositorio Universidade de Valencia
  3. "Profesorado USC". 
  4. "Equipo de Investigaciones Políticas". 
  5. "Simposio XESCOM". 
  6. "Buscador grupos USC". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. 
  7. "Grupos de investigación PUCE-SI". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. 
  8. "Informe rendición de contas PUCE-SI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xuño de 2020. 
  9. "Scimago Journal & Country Rank". 
  10. "Datos Máster Comunicación Política". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2018. 
  11. "Consejo Educación Superior de Ecuador". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. 
  12. "Workshop in Marketing, Consulting, Political Communication and Technologies". 
  13. "Workshop on Media, Applied Technology and Communication". 
  14. "Comisión Comunicación Política". 
  15. "Scholarly Publishers Indicators". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2020. 
  16. O Faladoiro. 
  17. "Paulo Carlos López é escollido Portavoz Nacional de EN-Mocidade". Consultado o 21 de maio de 2019. 
  18. "Candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados. 2008. Circunscrición da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2010. Consultado o 06 de febreiro de 2010. 
  19. Entrevista a Paulo Carlos López[Ligazón morta]
  20. Nace Mocidade Socialista Galega coa idea de "refrescar" o discurso de Galiza Nova
  21. Aymerich emplaza a Mocidade Nacionalista a hacerse valer contra "reverencias" al pasado y "sin pedir permiso a nadie"
  22. "DOG Eleccións Galegas 2012". 
  23. [1]
  24. "Iniciativas CxG Parlamento Europeo". Consultado o 21 de maio de 2020. 
  25. "Presión urbanística Ría de Betanzos". Consultado o 20 de maio de 2020. 
  26. "Dimiten dous membros da Executiva de Compromiso". Consultado o 20 de maio de 2020. 
  27. Varela, Manuel (2023-11-22). "Sumar Galicia se constituye como partido con el politólogo Paulo Carlos López como portavoz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-11-22. 
  28. Repositorio Dialnet
  29. Biblioteca Tirant
  30. Biblioteca Tirant