Premio Xerais

certame literario de novela en lingua galega concedido por Edicións Xerais
(Redirixido desde "Premio Xerais de novela")
Os galardoados da edición dos premios Xerais de 2017 (Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo González) xunto a membros do xurado e o equipo editorial de Edicións Xerais de Galicia.

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas[1]. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras[2].

GañadoresEditar

 
Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVIº Premios Xerais o 6 de xuño de 2009.

NotasEditar

  1. "1985, IIº Premio Xerais" Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., no blog de Edicións Xerais, 5 de abril de 2008.
  2. "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018. 
  3. Íase entregar na illa de San Simón, pero o afundimento do pesqueiro Bahía, con base en Cesantes, uns días antes, fixo que se movese a entrega a Vigo, en sinal de loito.
  4. "Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo, premios Xerais 2017". Sermos Galiza. 3/6/2017. 
  5. Ocampo, Elena (2-6-2018). ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". farodevigo.es. Consultado o 13-6-2019. 
  6. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. 8 de xuño de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar