María Marco Covelo
María Marco Covelo, nada en Vigo en 1979, é unha comisaria de arte e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , comisaria de arte |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Belas Artes na Universidade de Barcelona, doutora en Belas Artes na Universidade de Vigo e Mestrado Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi colaboradora de El Cultural (en 2024 xefa de sección de Arte), da revista Tempos Novos e de Dot Galicia e está ligada ao mundo das artes plásticas[1] como crítica e comisaria de arte contemporánea.
Obra
editarNovela
editar- Coidadora (2021). Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-840-1. ePub: ISBN 978-84-9121-853-1.
Ensaio
editar- Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea (2021). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea. ISBN 978-84-453-5403-2.[2]
Premios
editarEn 2019 foi galardoada co II Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea.[3]
En 2020 gañou o Premio Xerais de Novela coa obra Coidadora, na que se trata o tema das coidadoras de persoas.[4][5] Segundo o xurado trata "un tema de actualidade, e faino desde a perspectiva de alguén que coñece ben esa profesión, de maneira que é quen de meternos na pel das persoas que o desempeñan, facéndonos partícipe da angustia que, en ocasións, provoca este traballo".[6]
Notas
editar- ↑ "María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020". La Voz de Galicia. 2020-12-18. Consultado o 2020-12-18.
- ↑ "Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea Librería Institucional de la Xunta de Galicia". libraria.xunta.gal. Consultado o 2022-04-23.
- ↑ culturagalega.org (2019-12-17). "O seu texto 'Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea' fíxose con esta segunda edición do galardón". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-12-19.
- ↑ R.C (2020-12-18). "María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras, premiados nos Xerais 2020 de literatura". Faro de Vigo. Consultado o 2020-12-18.
- ↑ "María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras fanse cos Premios Xerais". Nós Diario. Consultado o 2020-12-18.
- ↑ "María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020". Praza Pública. 2020-12-18. Consultado o 2020-12-18.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina en Facebook
- Páxina en Twitter
- Marco Covelo, María (8/1/2021). “Os coidados son a expresión máis radical de disidencia, un modo de dislocar o capitalismo”. Praza. Entrevista con Montse Dopico.