Expediente Artieda
Expediente Artieda é unha novela de Luís Rei Núñez publicada no ano 2000 por Edicións Xerais de Galicia, tras lograr o Premio Xerais dese ano. A novela está estruturada en 44 breves capítulos non numerados nos que un narrador omnisciente e diferentes narradores protagonistas introducen o lector nunha historia que transcorre entre os últimos días de agosto e os primeiros de setembro de 1959.[1] Comeza co asalto frustrado dos maquis á emisora de Radio Nacional de España na Coruña e a chegada de Ricardo Artieda, un militante comunista, coa misión de matar o traidor que os denunciou. Asísteoes tamén á vida cotiá doutros personaxes ligados entre si e aos anteriores por parentesco, amizade, traballo ou ideoloxía. É unha novela coral na que se homenaxea os últimos membros da resistencia antifranquista e unha parte da cidade da Coruña en gran parte xa desaparecida. Coida ademais con esmero a lingua e o que converte esta historia en materia literaria singular non é o seu argumento, esperable, senón o seu tratamento formal.[2]
Expediente Artieda | |
---|---|
Unha silueta da Torre de Hércules ilustra a cuberta do libro na edición orixinal, de Xerais. | |
Autor/a | Luís Rei Núñez |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | outubro de 2000 |
Páxinas | 227 |
ISBN | ISBN 84-8302-573-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estrutura
editar
Tempoeditar |
Espazoeditar |
Narradoreditar |
Argumentoeditar |
Agosto. 7 da tarde.
(Día A, domingo) Posguerra (ano 1959) |
Tenda de fotos | Bibiana Brea | Bibiana, Odilo e Mungo oen chegar o expreso de Madrid mentres a moza lle fai a Mungo unhas fotos para o carné. Entra Mamede, o tranviario, e póñense a falar de fútbol. Escoitan pola radio a voz de Enrique Mariñas, que anuncia o comezo do partido de fútbol en Riazor coa presenza de Franco.
Ás 7.15 unha voz interrompe ao locutor e dá lectura a unha proclama antifascista que ao tempo é a despedida das actividades dos maquis. Un refacho de metralleta interrompe o discurso. Entran Mateo Lan e Camilo. Logo entra Trina. |
Día anterior ao do 1º cap. | Sanatorio de Oza | Cosme Leis | Cosme narra a súa estancia no hospital, a resignada espera da morte e a última traizón a María, namorado como está de Elisenda. Lembra os anos que pasaron xuntos, e como ela sempre o atendeu cando estivo preso en Carabanchel e agora neste hospital.
Un paseo polo hospital permítelle descubrir a relación amorosa da enfermeira cun técnico da radio e o plan trazado. Cosme, celoso, denuncia a trama á policía secreta. |
Día A. 18.45 | Arredores e estudios de R.N.E. | Omnisciente | Os catro últimos membros do maquis galego tentarán ler o discurso de despedida pero son sorprendidos pola policía e abatidos. O Rilo mata ao técnico para que non denuncie á enfermeira. Tobío alcanza a gritar pola radio “Vaite”. |
Día A. Algunhas horas máis tarde. | Algún lugar da costa luguesa | Omnisciente | Artieda agarda a un Recarei que non acode a ningunha das citas. Chega Susan nun coche, e cóntalle o ocorrido. O plan era deixar os asaltantes en Ribadeo, pero agora deciden abandonar o coche (que Mamede deixara preparado) e coller un tren. Van ata Xixón xuntos e alí sepáranse. |
Día seguinte a A. Luns | Unha fonda de Bilbao | Omnisciente | Artieda agarda ordes mentres pensa na súa familia. Ese mesmo día viu a súa irmá pero non se atreveu a falarlle. Ao amencer do día seguinte recibe a orde de volver á Coruña. |
Luns | Tenda de fotos | Bibiana Brea | Bibiana le a Folla do Luns ao cego. A noticia sobre o Recarei centra a súa atención e provoca o seu enfado, xa que, segundo el, todos os datos son falsos. Conta a súa relación cos mortos. Entran Trina, a recoller unhas fotos, e pouco despois Fefa en busca do irmán. |
Luns? | Na Costa da Unión | Omnisciente | Fefa salva a un neno de ser atropelado. Trátase de Moncho Bastida. |
Luns, 8 da tarde | Parque de Santa Margarida | Un dos amigos de Camilo | Nun autobús enferruxado está o club de Camilo e os seus amigos. Camilo conta que virá alguén para vingar os mortos e lembra o asasinato do seu pai. |
Luns, tarde? | Casa de Mariña | Omnisciente | Despois das faenas do día, Lola vai á casa de Mariña a rexeitar a oferta de traballo que esta lle fixo a Fefa en agradecemento por salvar a Moncho. Pero acaba aceptando ela ir coser á casa. |
Luns? | Casa de María | Omnisciente | María realiza na casa unha actividade febril para non ter que enfrontarse á noticia que lle trouxo Mamede: a traizón de Cosme. Non obstante, na súa visita diaria ao enfermo ningún dos dous fala do asunto. |
Luns? | Hospital de Oza | Cosme | Cando María marcha, Cosme sincérase con Elisenda. Ela pregúntalle por que os traizoou. |
Martes? | Estación de tren | Artieda | Artieda chega á Coruña e recíbeo Mamede, quen lle dá instrucións e documentación falsa. Conversan sobre a falta de sensatez do Recarei e a gravidade de Cosme. Artieda instálase nunha fonda. |
Martes? | Portal dos Bescansa/ casa Lola |
Camilo | Camilo agarda á súa nai. Cando esta baixa vén acompañada de Marinita. O neno cóntalle a súa nai como conseguiu traballo nunha pastelería. Xa na casa o neno acompaña a Lola e olla pola fiestra á veciña. |
Martes? | Boîte do Hotel Embaixador | Omnisciente | Artieda consegue entrar e asiste á actuación de Trina. Recoñece ao gobernador e observa ao grupo que o acompaña, entre os cales está o doutor Segade. Trina ponse a falar con el e o gobernador ordena que o sigan. |
Mércores? | Club / Confeitería | Camilo | Camilo espera os resultados do exame de Reválida. Na confeitería debe levar o recado dunha inglesa (Susan) a un amigo á factoría de gasosas e unha carta. O neno logra entender algo dunha chave e a “próxima semana”. |
Mércores? | Local clandestino | Elisenda | A enfermeira acode a unha reunión onde se distribúen panfletos. Ao saír, Artieda acompáñaa e insinúaselle. |
Faiado da casa dos Bescansa | Omnisciente | Silverio é un mozo falanxista que se entretén en cravar alfinetes nos ollos dos paxaros. Descobre que Lola é viúva dun roxo e a nai pídelle explicacións á costureira. Na escaleira, pretende atemorizar a Fefa. | |
Mércores?
Tarde |
Cine Doré | Camilo | Camilo acompaña a Bibiana. Ela vai ás clases de comercio e el ao cine, a súa grande afección. Xa no Doré, unha voz (Artieda?) grita en contra de Franco. Dous homes lanzan panfletos e saen fuxindo. Camilo e a policía séguenos. Despois dunha persecución, Mamede, ferido nunha perna, é detido. |
Xoves?
Mañá |
Cancha de frontón | Omnisciente | Artieda vai xogar ao frontón para trabar amizade co médico Segade. Preséntase como viaxante e despois do partido quedan para o día seguinte no Embaixador. |
Xoves?
Tarde |
Casa de Camilo | Camilo | Artieda chega a casa de Lola e encontra só a Camilo. Gaña a confianza do rapaz falando do Recarei, amigo de Pepe Dubra. Como fixera o Recarei o día en que morreu, Artieda pídelle ao neno que saia un momento e este ve como colle uns cartos que estaban escondidos. Camilo entende que é o home enviado pola organización e cóntalle a detención de Mamede. |
Venres? Mañá | Tenda de fotos. Rúa | Bibiana | Bibiana le o xornal a Mateo cando entran Odilo e María. Entre todos deciden facer algo por Mamede e diríxense á comisaría. Polo camiño, Odilo e María lembran a súa infancia xuntos e descubrimos que Odilo está namorado dela. |
Venres? Noite | Boîte do Embaixador | Omnisciente | Artieda acode á cita con Segade, quen está xa bastante ebrio. Despois de acompañalo á porta vai con Trina para a casa dela e teñen unha relación sexual. |
Luns? Pola mañá. Setembro | Instituto Masculino | Camilo | Primeiro día de curso para Camilo despois de aprobar a reválida. Cantos falanxistas e novos amigos. Por medio dunha nota, a súa veciña Etelvina cítao para a tarde, pero el, observador desde unha árbore, non se atreve a acudir. |
Luns? tarde | Tenda de fotos | Bibiana | Mateo conta as súas historias da represión falanxista e Camilo explica que Mamede quedará coxo. Cando Bibiana deixa a tenda, aparece Trina, que a acompaña e faille diversas confidencias. Logo regálalle un libro e despídese cun bico na boca. |
Martes? Tarde | Fábrica de gasosas | Susan | Susan chega á cidade para asistir a unha reunión clandestina na fábrica propiedade do seu amigo James. Na reunión deciden, animados por Artieda, lanzar panfletos durante a presenza de Franco no Club Náutico, esixindo a liberdade de Mamede. |
Martes?Tarde? | Rúa Consulta de Segade |
Artieda | Artieda,con cautela, regresa á estación para recuperar o maletín coa arma que deixara en consigna. Chama logo a Segade e pídelle que o reciba. Aproveita a consulta dos seus problemas físicos para contarlle as tácticas para seducir a Trina. A cambio pídelle que o avise cando Franco vaia ao sanatorio. |
Mércores? | Biblioteca Xardín de San Carlos Parque Sta. Margarita |
Omnisciente | Artieda, aburrido, pasa os días na biblioteca. Pola tarde cítase con Elisenda no parque para pedirlle un plano do sanatorio. O parvo Casimiro péscalle a chaqueta e descobre a arma. Artieda dáse conta de que lle falta cando xa abandonou o parque. Camilo, que o ve marchar, xa non dubida de que se trata do home da organización. |
Oza | Omnisciente | María e Odilo van ver a Cosme. Este, xa moi enfermo, quere pedirlle algo a Odilo. María déixaos e sae da habitación. | |
Tarde | Consulta de Segade | Trina | Trina vai visitar a Segade. A punto de comezar unha relación sexual, ela advírtelle que ten sífilis. |
Rúa | Camilo | Camilo vai pola rúa e achégaselle Marinita Bescansa, que a el lle gusta moito, pero a timidez impídelle falarlle como lle gustaría. | |
Tarde | Mercería | Fefa | Fefa fala sobre o seu traballo e as súas compañeiras. Comenta a impresión que lles produce un home (Artieda) que entra para cambiar os botóns dun vestido de muller que quere regalar. |
Noite | Fonda | Artieda | As noites de Artieda son un pesadelo porque non pode durmir. Lembra a súa infancia e repasa a súa solitaria vida. |
Mañá
Xoves? |
Despacho do gobernador | Omnisciente | O gobernador recibe a ficha dun roxo condenado a morte. Recibe a Estévez, un home que considera arrimado ao poder, e pono a proba. Xa só con Baladrón lamenta que a súa muller se enterase da súa relación con Trina e descobre casualmente nunha foto a un personaxe que lle resulta coñecido (Artieda) e ordena investigar a súa identidade. |
Domingo. Mañá | Igrexa dos Capuchinos | Omnisciente | Na igrexa celébrase a comuñón da filla de Mungo. Chega Artieda, que esa mañá recibira unha chamada de Segade, para dicirlle que os panfletos deben estar para o martes, xa que Franco irá ese día ao Náutico despois de pasar por Oza. Logo achégaselle Elisenda, que lle dá as grazas polo vestido. |
Luns. Mediodía | Casa de Lola | Camilo | Durante a comida Fefa está chorosa, pero só cando quedan sós cóntalle a Camilo que Silverio Bastida intentou abusar dela. Camilo, xa furioso contra el porque pensa que foi o que denunciou a Mamede, búscao e dálle unha malleira. Xa na confeitería cólleno roubando unha bolsa de pastas para Fefa. De volta na casa, Lola cóntalle que perdeu o broche que Mariña lle deixara para a comuñón. |
tarde | Praza da comisaría | Omnisciente | A policía detén a Casimiro e tortúrano ata lograr unha descrición do dono da arma roubada. No mesmo lugar está Mamede, que esa mesma tarde é trasladado ao cárcere nun estado calamitoso. |
tarde | Hospital | María | María chega ao hospital e encontra a Cosme moi enfermo. Segade propón operalo de novo. Pouco despois chega Odilo e dille que Cosme lle pediu que a coidase, e decláralle o seu amor. María acéptao, e pouco despois descobre a infidelidade do seu home. |
Anoitecer | Nunha obra | Omnisciente | Camilo e os amigos están nunha obra que vixía Casimiro cando este chega e lles fala da pistola. Camilo entende que ten que avisar a Artieda. |
Pouco despois | Tenda de fotos | Bibiana | Trina entra na tenda a despedirse de Bibiana. Decidiu irse para América cuns cartos que lle prestou Artieda. Chega Camilo dicindo que hai que avisar a Artieda e Mungo di que o viu entrando en Oza. |
Ao mesmo tempo | Sanatorio | Artieda | Segade dorme apraciblemente despois de operar a Cosme, cando entra Artieda no seu despacho. Mentres fala con el, róuballe arsénico. Segade comprende que Artieda non é viaxante e só pode pedirlle que non o ate moi forte. Cando Artieda está chegando aos Castros encontra a Mungo e Camilo, que van na súa busca. Dálle cartos a Camilo para que pague a débeda da súa nai e decide volver ao sanatorio. |
Noite | Sanatorio | Elisenda | Artieda e Elisenda pasan a noite xuntos. Ela ten medo a enamorarse, porque sabe que é o final. |
Martes pola mañá | Casa dos Bastida | Lola | A costureira, antes de despedirse do traballo, pídelle á señora que retire a denuncia contra o seu fillo. Mariña acepta, despois de dubidalo. Logo dálle un broche para substituír o perdido. A señora non o acepta, porque é moito máis caro que o que ela lle prestara, pero Lola, orgullosa, insiste. |
Mesma hora | Oza | Omnisciente | Artieda está na fila de médicos que agarda recibir a Franco. A súa intención é envelenar o Caudillo con arsénico, pero Franco sospeita e ordena a Elisenda que beba. Cosme adiántase e pouco despois morre. Artieda escapa e nunha fuga desesperada chega á torre de Hércules. Finalmente é abatido mentres Mamede e Susan contemplan desde a prisión os seus últimos momentos. |
Personaxes
editar(por orde de aparición)
- Bibiana Brea: dependenta nunha tenda de fotografía preto ou dentro da antiga estación de Renfe. É a narradora de varios capítulos. Está estudando comercio porque quere ter un traballo mellor. Ten melena ondulada.
- Odilo Querentes: dono da tenda de fotografía. Orfo, foi recollido polo pai de María, a muller de Cosme, e ambos nenos criáronse xuntos. Odilo sempre estivo namorado de María.
- Mungo Ures: encargado de acender e apagar os farois coa pértega, é, grazas ao seu traballo, un dos que máis informado está sobre os demais. É alto, calvo, e moi presumido. Está casado e ten unha filla que vai facer a primeira comuñón. Mungo, membro da resistencia, debátese entre o afecto e a ideoloxía.
- Mamede Aneiros: tranviario que vive nun piso ao que regresa no 10. Viste zamarra azul e é pouco falador. Logo saberase que se converteu tardiamente no amante de Susan.
- Mateo Lan: cego a causa das torturas, frecuenta a tenda de fotos para que Bibiana lle lea os xornais.
- Camilo Dubra: o fillo de Lola, a costureira da rúa onde se encontra a tenda de fotos, e dun membro da resistencia asasinado. Camilo estudou 4º de bacharelato con certas dificultades e agora prepárase para facer a reválida.
- Trina: cantante na boîte do hotel Embaixador e amante do gobernador civil.
- Cosme Leis: membro da resistencia e autor, por celos, da raizón aos maquis. Está ingresado no hospital de Oza, doente dunha enfermidade terminal.
- María: muller de Cosme; persoa sensible que escribe poesía para soportar as noites de insomnio e a soidade.
- Doutor Segade: médico do hospital que atende a Cosme e asiduo da boîte do Embaixador. Está fascinado con Trina e atende ao caudillo cando este está en Meirás.
- Elisenda: enfermeira en Oza e membro da resistencia. Ten unha relación amorosa cun dos implicados no asalto á radio. Cosme está namorado dela.
- Recarei: un dos catro asaltantes á radio. Corenta anos, disfrazado de cura; é o que fala pola radio.
- Rilo, Trasbache e Tobío, o máis novo, son os outros tres membros.
- Ricardo Artieda: Vasco de Bilbao, encargado pola organización de facer pagar a Cosme a súa traizón. É un neno da guerra, que escapou a Francia coa súa nai e a súa irmá e logo foi enviado á URSS. Comunícase coa súa irmá, que vive en Bilbao, a través de pequenas notas escondidas na tumba da nai. É un personaxe elegante (viste sempre de azul), atractivo, profundamente solitario, que busca amores dunha noite. Séntese profundamente atraído por Elisenda, a quen seduce con algunhas das pasaxes máis líricas do relato.
- Susan Temple: inglesa, veu a Galicia nunha viaxe de estudos e namorouse profundamente de Alfredo, un membro da resistencia, natural da Costa da Morte, que pouco despois foi abatido. Susan decidiu quedar, sobrevivindo coas clases de inglés, e seguir participando nas actividades clandestinas. No momento da historia é amante de Mamede.
- Varelita, Moncho, Chuco, Chilique, ...: mozos amigos de Camilo.
- Fefa Dubra: irmá de Camilo. Pequena, rápida. Traballa nunha mercería na Costa da Unión.
- Casimiro: antigo soldado que se gaña a vida como vixiante. Bastante parvo.
- Lola, a costureira, nai de Camilo e Fefa.
- Mariña de Bescansa: señora de familia acomodada, próxima ao réxime.
- Marinita: filla da anterior.
- Etelvina: nena veciña de Camilo.
- Valeriano de Frutos: gobernador civil da Coruña. Artieda recoñéceo polas súas actividades en Burgos.
- Silverio Bescansa: mozo falanxista fillo de Mariña.
Premios
editar- Premio Xerais de Novela 2000.
Edicións
editar- Luis Rei Núñez, Expediente Artieda, Edicións Xerais, 2000.
- Luis Rei Núñez, Expediente Artieda, Alianza Editorial (2001) (en castelán).
- Luis Rei Núñez, Expediente Artieda, n.º 112 da Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia.
Notas
editar- ↑ "Expediente Artieda". www.xerais.gal. Consultado o 8/2/2019.
- ↑ "Expediente Artieda". www.elcultural.com. Arquivado dende o orixinal o 19/02/2019. Consultado o 8/2/2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do libro na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.
- Docampo García, Antonio (2008) "A Coruña anos 50-60" YouTube.
- Sanz Villanueva, Santos: "Expediente Artieda"; El Cultural, 2/1/2002 (en castelán).