Amador Castro Moure
Amador Castro Moure, nado en Nandulfe[1] (Pedrafita, Chantada) en 1962,[2] é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Nandulfe, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sociólogo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarViviu desde moi novo en Barcelona. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía,[3] traballa como programador de aplicacions informáticas e administrador de redes.
Publicou poemas en varias escolmas. No campo musical fundou o grupo 100.000 Profilácticos e despois foi guitarrista en Alicia golpea con Carlos Zanón.[4]
En 2013 publicou Memorias de antes do encoro, novela na que o protagonista viaxa desde París a unha Galicia rural, esquecida e asolagada baixo un encoro.[5] En 2018 publicou Pillabán, pillabán, novela ambientada en Cereixa no século XV nos tempos de María Castaña.[6] En xuño de 2019 gañou o Premio Xerais de Novela por Shanghai a Barcelona, novela sobre a emigración galega a Barcelona. O xurado considerou "que presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacando a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus".[7] Amador Castro afirmou: "comecei tarde nisto da novela. Non na literatura" e "atopei na informática o máis parecido a un proceso creativo".[8]
Obras
editar- Memorias de antes do encoro (2013). Ed. do autor. 272 páxs. ISBN 978-8461677887. En castelán Memorias de antes del embalse (2017). Ed. de autor. ISBN 9788461679232.[9] En pdf:[10] ISBN 978-84-616-7923-2.
- Pillabán, pillabán (2018). Tandaia, 328 páxs. ISBN 9788417393434.
- Shanghai a Barcelona (2019). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-592-9.[11][12] ePub: ISBN 978-84-9121-594-3.
- Pronto hei de volver (2023). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-437-1.
Obras colectivas
editar- Escolma da poesía galega 1976-1984 (1984). O vento que zoa, Sotelo Blanco. Ed. de Xosé Lois García.
- Ecos dos poetas de Chantada. Miscelánea de poemas do século XII ao XXI (2017). Sacauntos. Ed. de Xosé Lois García. 138 páxs.
Premios
editar- 2019: Premio Xerais de Novela por Shanghai a Barcelona
- 2022: XXXIV Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña por Pronto hei de volver.[13]
Notas
editar- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ B.R.S. (8 de xuño de 2019). "«A obra parte dunha noticia que lin hai anos na Voz»". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ Redacción, Faro de. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, premios Xerais 2019". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Amador Castro Moure. Entreescritores: plataforma para publicar libros online.". www.entreescritores.com. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Memorias de antes do encoro". www.amazon.com.br. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ Pillabán, pillabán de Amador Castro Moure. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ Redacción (08/06/2019). "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09/06/2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Amador Castro gaña o Premio Xerais de novela e Rosa Aneiros e Emma Pedreira os 'Merlín' e 'Jules Verne'". praza.gal. Consultado o 09/06/2019.
- ↑ "Memorias de Antes del Embalse de Castro Moure, Amador: Amador Castro Moure 9788461679232 Paperback, No - Ria Christie Collections". www.iberlibro.com (en castelán). Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Memorias de antes del embalse eBook: Amador Castro Moure: Amazon.es". www.amazon.es. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-10-28). "Shangai a Barcelona, de Amador Castro Moure". Caderno da crítica. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Novas". www.dacoruna.gal. Consultado o 2022-11-18.