A ira dos mansos

obra literaria de Manuel Esteban

A ira dos mansos é unha novela negra en galego escrita por Manuel Esteban, gañador do Premio Xerais 2016, e publicada en 2016 por Edicións Xerais de Galicia. Trátase da primeira novela escrita polo autor.

A ira dos mansos
Autor/aManuel Esteban
CubertaFran Herbello Hermelo
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela, novela negra.
EditorialXerais
Data de pub.Outubro de 2016
Formatorústica cosida a fío
Páxinas192
ISBNISBN 978-84-9121-101-3
editar datos en Wikidata ]

Argumento

editar

A trama desenvólvese en Vigo. O inspector Carlos Manso atopa o cadáver dunha moza con síndrome de Down. A través das pescudas para resolver o crime o protagonista entra en contacto co mundo da discapacidade intelectual e, nese contacto, vai derrubando moitos prexuízos sobre ese mundo. Na primeira parte da novela debe atopar ao asasino de Violeta. Na segunda parte outro rapaz con síndrome de Down, Pedro Bugallo, é sospeitoso dun crime e Lorena Sella, directora da asociación local para a síndrome de Down solicita a axuda do inspector Manso para exculpalo.

Narración

editar

É unha novela negra cun fondo social importante e coa discapacidade intelectual como tema principal. O estilo é directo e intenso, sen adobíos, empregando o humor como elemento complementario.

O tempo histórico abrangue desde finais do ano 2011 ata principios do 2013

A novela está estruturada en 40 capítulos, repartidos en dúas partes. Como prefacio inclúe citas de William Shakespeare e Eduardo Galeano.

Personaxes

editar
  • Carlos Manso, inspector de policía
  • Lorena Sella, directora da asociación local para a Síndrome de Down
  • Violeta Falcón, moza con síndrome de Down que aparece asasinada ao comezo da novela
  • Xaime Gándara, narcotraficante de orixe portuguesa, avó materno de Violeta
  • Pedro Bugallo, rapaz con síndrome de Down
  • Leonardo Santos, axente de policía
  • Sandra Ferro, axente de policía
  • "Touro" Sober, inspector de policía
  • Ratko Paunovic, mercenario montenegrino

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar