Tres segundos de memoria
Tres segundos de memoria é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en outubro de 2006. Ese mesmo ano gañou o Premio Xerais de Novela.
Tres segundos de memoria | |
---|---|
Autor/a | Diego Ameixeiras |
Cuberta | Manuel G. Vicente |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | outubro de 2006 |
Formato | 14,7 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 216 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-487-3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarA obra está protagonizada por un rapaz desempregado de trinta anos, que en pequenos relatos narra o seu quefacer diario.
Desde unha visión que el mesmo denomina "post-fracaso", vive o día a día nun contexto urbano, sen maiores pretensións que facer vida social (e ter relacións sexuais satisfactorias) e ir subsistindo co traballo precario. O seu grupo social máis achegado está conformado polo seu compañeiro de piso (que apenas pasa por alí, xa que adoita facer vida no piso da súa moza), o seu amigo Mario, e algunhas ex-mozas e ligues. Todos eles novos e cunhas características comúns: intereses culturais (adoitan ir a concertos e discutir de música, cinema e literatura) e precariedade laboral.
Ao final da novela, como contraposición, regresa a vivir á casa materna, deixando un final aberto e esperanzador a nivel persoal.
O título está tomado da canción "Dos besugos", do grupo Sr. Chinarro.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de xerais Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.