Diego Sarmiento Valladares

Diego Sarmiento de Valladares, nado, segundo as fontes en 1609,[1] 1611 ou 1616[2] en Vigo[2] ou Redondela[1] e finado o 29 de xaneiro de 1695 en Madrid, foi un relixioso galego que chegou a ser bispo de Oviedo e Plasencia e Inquisidor xeneral.

Modelo:BiografíaDiego Sarmiento Valladares
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1611 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1695 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Bishop of Plasencia (en) Traducir
17 de setembro de 1668 – 26 de abril de 1677
← Diego Riquelme de Quirós (en) TraducirJuan Lozano y Lozano (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Plasencia (pt) Traducir
Bispo de Oviedo
30 de xaneiro de 1668 –
← Ambrosio Ignacio Spínola y Guzmán (pt) TraducirAlfonso de Salizanes y Medina (en) Traducir →
Inquisidor xeral
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1668–), sacerdote católico (1667–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónVitaliano Visconti (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BUSC: sarmiento-y-valladares-diego-bispo-de-plasencia-1609-1695
Auto de fe o 30 de xuño de 1680 na Praza Maior de Madrid. Nesta pintura de 1683 de Francisco Rizi, conservada no Museo do Prado, aparecen representados Carlos II, María Luísa de Orleáns, Mariana de Austria e Diego Sarmiento de Valladares.

Traxectoria

editar

Diego pertencía a unha familia nobre galega, era fillo de Luís Sarmiento, señor de Valladares, e de Inés de Arines Troncoso, señora de Camos. O seu sobriño José Sarmiento Valladares foi vicerrei da Nueva España.[3]

Publicou Compulsa de las bulas de Gregorio XV y Clemente VII relativas a la prelacía y presidencia del estado eclesiástico, en Valladolid, en 1656.[1]

O 30 de xaneiro de 1668 recibiu o cargo de bispo de Oviedo. O seu mandato durou pouco, pois trasladouse a Plasencia para ser nomeado bispo alí o 17 de setembro de 1668, ocupando o cargo ata o 26 de abril de 1677.

En 1668 foi designado presidente do Consello de Castela en substitución do defunto Diego Riquelme de Quirós,[4] e en 1669 sucedeu ao destituído Juan Everardo Nithard no cargo de inquisidor xeneral, e nese posto dirixiu o auto de fe de 1680.[5]


Predecesor:
Ambrosio Espínola de Guzmán
 Bispo de Oviedo 
1668
Sucesor:
Afonso de Salizanes y Medina
Predecesor:
Diego Riquelme de Quirós
 Bispo de Plasencia 
1668 - 1677
Sucesor:
Juan Lozano
Predecesor:
Diego Riquelme de Quirós
 Presidente do Consello de Castela 
1668 - 1669
Sucesor:
Pedro de Guzmán
Predecesor:
Juan Everardo Nithard
 Inquisidor xeneral 
1669 - 1695
Sucesor:
Juan Tomás de Rocabertí

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar