Touciño
O touciño ( pronunciación (axuda · info)) ou lardo é a graxa que ten o porco debaixo da pel, particularmente a do abdome e a do lombo.[1] O sinónimo lardo úsase especialmente para referirse ao touciño do xamón.[2]
É un produto cárnico que comprende a epiderme e as capas de tecido adiposo que se encontran baixo dela, na derme. Fundido, obtense a manteiga de porco.
Ás veces está entrefebrado, é dicir, que ten febras de carne ou magro. Daquela adoita chamarse touciño entrefebrado,[3] bacon, ou beicon.[4].
É un alimento de gran valor enerxético, unhas 9 kcal/g (37,7 kJ/g).
EtimoloxíaEditar
Semella que a súa orixe está no latín tucca ‘caldo manteigoso’, que daría lugar a tuccetum ‘carne salgada’ e no latín vulgar a *tuccinum (lardo)[5].
ConsumoEditar
En Galicia adoita encontrarse nos mercados (e consumirse) fresco ou conservado salgado e, modernamente, na industria, afumado (especialmente o béicon).
O touciño pode comerse cru, frito, asado, grellado ou formando parte do cocido,[6] ou utilizado como ingrediente coadxuvante na saborización de pratos (por exemplo, nos arroces e nas pizzas). Así mesmo úsase para envolver pezas de carne en asados, especialmente de aves de caza, ou salchichas ou dátiles en tapas.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Touciño |
BibliografíaEditar
- Cunqueiro, A. (1973): "A matanza caseira", en A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5, pp. 13–21.
- Sueiro, J.-V. (1981): Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-32-8.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- "El tocino" (en castelán). Artigo da Universidade de Córdoba, 1998.