Pizza
A pizza[1] (voz it. [ˈpittsa] (axuda · info)) é unha torta chá de trigo con queixo mozzarella, salsa de tomate e outros ingredientes, cocida ó forno, típica da cociña napolitana. Ten marca patentada denominada Specialità Tradizionale Garantita (STG; en galego: «Especialidade Tradicional Garantizada»).
ServirEditar
A forma tradicional de servila é en porcións triangulares separadas cun cortador de pizza especial, as porcións son xeralmente dun sexto ou un oitavo do tamaño da pizza completa. É típico comela sosténdoa coa man pola súa beira posterior, a cal forma unha especie de engrosamento redondeado onde non chegan os ingredientes.
Nalgúns lugares de Europa a pizza sérvese sen cortar en porcións, así os comensais poden dividila ó seu gusto. Aínda que non é unha maneira popular, tamén se pode arrolar a porción en forma de taco para previr queimarse cos ingredientes quentes na súa parte superior.
Na maioría dos países desenvolvidos as pizzas véndense en supermercados coma alimento conxelado. Utilízase toda clase de tecnoloxía alimentaria para crear saborosas pizzas conxeladas. Os principais obstáculos foron evitar que a salsa se mesture coa masa e producir unha cortiza que se poida conxelar e requentar posteriormente sen quedar ríxida. Tradicionalmente, a masa está preforneada e o resto dos ingredientes foron precociñados aínda que, ultimamente, comezaron a aparecer pizzas con todos os ingredientes crus.
Tamén recentemente comezaron a se popularizar en varios países máquinas expendedoras automáticas que entregan a pizza recentemente enfornada a cambio dunhas moedas.
IngredientesEditar
Na súa forma básica, unha pizza é un pan chan, xeralmente de forma circular, cociñado nun forno con lume de leña uns 2-3 minutos e cuberto por diversos ingredientes. Os básicos para preparar a pizza margarita son: queixo mozzarella, salsa de tomate, aceite de oliva e alfábega. Pódense empregar outros ingredientes como salame, xamón, pementos, olivas, cebolas, champiñóns ou anchoas. A pizza pódese comer quente (xeralmente no xantar ou á cea) ou fría (xeralmente nun picnic).
NotasEditar
- ↑ Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega