Asado
O asado é un modo de cociñar os alimentos crus directamente á calor do lume ou dun forno[1].
O asado pode facerse ben en asador (asadeiro, churrasqueira), ben no forno. Se se fai á grella chámase grellada, que pode ser de verduras, peixe (por exemplo as sardiñadas), ou de carne (churrascadas). Pode facerse tamén no espeto (por exemplo o carneiro ou as sardiñas).
O termo asado (assado no Brasil) refírese en Suramérica tanto ás técnicas de cociñado no lume (grellada) coma ao evento social de asistir á churrascada[2] Na Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai considérase prato nacional.[3] Nestes países, a palabra asado é sinónimo do que en galego se denomina churrasco. O asado suramericano adoita consistir en carne principalmente de vitela (vacún) con outras feitas á grella, ou directamente no lume cun espeto.
O asado ou churrasco unha das herdanzas máis importantes acollidas e asimiladas en Galicia polos indianos que volvían das Américas. Hoxe en día os asados, especialmente o churrasco, forman parte importante da gastronomía galega.
Notas
editar- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Kuhn, Christoph (28 de xuño de 2007). WOZ Die Wochenzeitung, ed. "Jedes Biest auf den Grill" (en alemán). Zurich. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2012.
Asado heisst eigentlich gegrilltes Fleisch, Braten; das Wort wird heute für das Grillereignis allgemein gebraucht.
- ↑ "El asado". Vía Restó.com (en castelán). Bos Aires: Grupo Clarín. 28 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012.
Nacido en el centro de las costumbres gauchas, el asado se impuso como el plato nacional por excelencia.