Racing Club
O Racing Club, tamén coñecido como Racing de Avellaneda, é unha entidade polideportiva arxentina da cidade de Avellaneda, fundada o 25 de marzo de 1903, cuxa principal actividade é o fútbol profesional. Ó longo da súa historia ten sido o primeiro club arxentino en acadar 3 campionatos nacionais seguidos, o segundo en acadar a Copa Libertadores e o primeiro en acadar a Copa Intercontinental. No seu palmarés ten 17 ligas, 9 delas da época de afeccionados (anterior a 1931), época na que gañou o alcume de La Academia.
Racing Club | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome | Racing Club | ||
Alcume(s) | La Academia El primer grande | ||
Fundación | 25 de marzo de 1903 (120 anos) | ||
Estadio | Presidente Perón El Cilindro | ||
Inauguración | 3 de setembro de 1950 | ||
Capacidade | 51.389 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Primeira División | ||
2017-18 | 7º | ||
Na rede | |||
https://www.racingclub.com.ar/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
| |||
O equipo xoga os seus encontros como local no Estadio Presidente Juan Domingo Perón, da súa propiedade, que ten capacidade para acoller a 51.389 seareiros. O máximo rival do Racing Club é o seu veciño Club Atlético Independiente, co cal disputa o chamado Clásico de Avellaneda.
O seu presidente dende 2013 é o galego Víctor Blanco.
Palmarés editar
Títulos nacionais editar
- Primeira División da Arxentina (17) = 1913, 1914, 1915, 1916, 1917, 1918, 1919, 1921, 1925, 1949, 1950, 1951, 1958, 1961, 1966, Ape 2001, 2014
Títulos continentais editar
- Copa Intercontinental (1) = 1967
- Copa Libertadores (1) = 1967
- Supercopa Sudamericana (1) = 1988
- Copa Interamericana (1) = 1988