A guerra dos mundos
(Redirección desde «The War of the Worlds»)
A guerra dos mundos[2] (na versión orixinal The War of the Worlds) é unha novela de ciencia ficción do autor H. G. Wells. É a historia en primeira persoa das aventuras dun protagonista sen nome (e do seu irmán) en Surrey, Londres, cando o planeta Terra é invadido por marciáns. Escrito en 1895–97,[3] é unha das primeiras historias que contan un conflito entre a humanidade e unha raza extraterrestre.[4] Esta novela é unha das máis comentadas no eido da ciencia ficción.[5]
A guerra dos mundos | |
---|---|
Cuberta da primeira edición | |
Título orixinal | The War of the Worlds |
Autor/a | H. G. Wells |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Tema(s) | invasão alienígena e colonialismo |
Xénero(s) | Ciencia ficción |
Editorial | William Heinemann Edicións Xerais |
Data de pub. | 1898[1] 1997 |
Páxinas | 303 |
ISBN | ISBN 8483022141 |
Precedido por | O home invisible |
Seguido por | The Sleeper Awakes |
Premios | |
Tradución | Gonzalo Constenla Esther Sánchez Rodríguez |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adaptacións
editarA guerra dos mundos tivo varias adaptacións cinematográficas, dramas de radio, libros de banda deseñada, videoxogos, series de televisión, e secuelas ou historias paralelas doutros autores.
- A máis famosa adaptación foi o programa de radio de 1938 que foi narrado e dirixido por Orson Welles. Os primeiros dous terzos dos 60 minutos que duraba o programa foron presentados como un boletín de novas, o que provocou que o pánico se espallara entre os oíntes que creron que os eventos descritos no programa eran verdade.[6]
- En 1953 estreouse o filme A guerra dos mundos, a primeira adaptación ó cine. Foi producido por George Pal e dirixirdo por Byron Haskin.
- En 1978 fíxose a gravación mellor vendida da historia, coas voces de Richard Burton e David Essex, producido por Jeff Wayne.
- Steven Spielberg dirixiu a adaptación de 2005 protagonizada por Tom Cruise, que recibiu críticas positivas.[7][8]
Notas
editar- ↑ Facsímile da primeira edición orixinal
- ↑ "A guerra dos mundos en Xerais". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 04 de agosto de 2013.
- ↑ David Y. Hughes and Harry M. Geduld, A Critical Edition of The War of the Worlds: H.G. Wells's Scientific Romance (Bloomington and Indianapolis: Indiana University Press, 1993), p. 1.
- ↑ John L. Flynn (2005). "War of the Worlds: From Wells to Spielberg". p.5
- ↑ Patrick Parrinder (2000). "Learning from Other Worlds: Estrangement, Cognition, and the Politics of Science Fiction and Utopia". P.132. Liverpool University Press
- ↑ Brinkley, Alan (2010). "Capítulo 23 - The Great Depression". The Unfinished Nation. p. 615. ISBN 978-0-07-338552-5.
- ↑ "War of the Worlds". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2009.
- ↑ "War of the Worlds". Rotten Tomatoes. Consultado o 3 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A guerra dos mundos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The War of the Worlds Invasion (en inglés)
- Cubertas do libro dende 1898 ata a actualidade