Lingua cubeo

lingua da familia tucana

A lingua cubeo (tamén pãmié) é unha lingua tucana falada polo pobo cubeo que habita no departamento de Vaupés, nos ríos Cuduyari e Querarí e os seus tributarios en Colombia, no Brasil e Venezuela. É un membro da póla central das linguas tucanas. O cubeo ten un gran número de palabras das linguas nadahup, e a súa gramática foi aparentemente influenciada polas linguas arauacas. Ás veces é chamada Pamiwa, o autónimo do grupo étnico, pero non debe ser confundida coa lingua pamigua, ás veces chamada pamiwa.

Cubeo
Outros nomes:Pãmié
Falado en: Colombia e o Brasil
Rexións: Amazonas
Total de falantes: 6 300 (2009)
Familia: Tucano
 Central
  Cubeo
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cub
Mapa
Status

O cubeo está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar