Lingua akawaio

lingua

O akawaio é unha lingua caribe. Ten 6481 falantes distribuídos en Güiana (4500), Venezuela (811)[2] e o Brasil (1170).[3]

Akawaio
Falado en: Güiana, Brasil, Venezuela
Rexións: Cuyuni-Mazaruni, Roraima, Bolívar
Total de falantes: 6481
Familia: Linguas caribes
 Akawaio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ake
Mapa
Status

O akawaio está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Distribución xeográfica

editar

En Güiana fálase na rexión centro occidental, nas bacías do alto río Mazanurí e dos seus afluentes Potaro, Ireng e Cotingo. No Brasil fálase en Roraima, aquí a lingua recibe o nome de ingarikó. En Venezuela vive unha comunidade que chegou en 1969, trala rebelión de Rupununi, actualmente localizados en San Martín del Turumbán e algúns casaríos dispersos no Estado Bolívar.

Usos sociais

editar

Os lingüistas da Universidade Rice Spike Gildea e Desrey Fox desenvolveron unha ortografía para a lingua,[4] que empregan as comunidades da Güiana, aínda que xa antes os misioneiros desenvolveron formas escritas da lingua e en 1873 traduciron partes da Biblia ao akawaio.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Catherine Alès et al. (2003). Caminos cruzados: ensayos en antropología social, etnoecología y etnoeducación. IRD éditions, p. 480.
  3. Pobos Indíxenas no Brasil
  4. Masayoshi Shibatani (2002). The Grammar of Causation and Interpersonal Manipulation. John Benjamins Publishing Company, p. 369.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar