Lingua bora

lingua indíxena falada en Colombia e no Perú

A lingua bora é unha lingua indíxena falada na rexión occidental da selva amazónica en Colombia, o Brasil e no Perú. A lingua bora é unha lingua tonal, que xunto coa lingua ticuna, é a única con este trazo na rexión.

Bora
Meamuyna
Falado en: Colombia, o Perú e o Brasil
Rexións: Noroeste do Amazonas
Total de falantes: 2 400 (2000)
Familia: Bora-witoto
 Bora
  Bora
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: boa
Mapa
Status

O bora está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Dialectos editar

O miraña, un dialecto do bora, é falado ó longo do río Caquetá-Japurá que flúe dende Colombia ao Brasil. O propio bora ten un 94% de intelixibilidade mutua co dialecto miraña.

Outro dialecto do bora, o murnane, ten un 50% de intelixibilidade co bora e o miraña, e é falado nos afluentes do río Caquetá no centro de Colombia.

Gramática editar

A lingua bora conta con 350 clasificadores, o maior número deles descuberto en calquera lingua do mundo.[2][3]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Bora". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 2015-06-11. 
  3. "Jivaroan and Witotoan Language Families". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 2015-06-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar