Lingua murui

lingua indíxena falada en Colombia e no Perú

A lingua murui é unha lingua indíxena da familia witoto falada en Colombia e no Perú. O murui é falado por volta de 1 100 persoas do pobo murui ó longo dos ríos Putumayo, Cara-Paraná e Igara-Paraná, en Colombia. No Perú, é falado por ó longo dos ríos Ampiyacu e Napo por unhas 1 000 persoas.[2] Algúns falantes de murui tamén viven fóra dos seus territorios, como por exemplo na cidade de Leticia, no Amazonas en Colombia.

Murui
Falado en: Colombia e o Perú
Total de falantes: 7 800 (1995–2002)
Familia: Bora-witoto
 Witoto-ocaina
  Witoto
   Minica-murui
    Murui
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: huu
Mapa
Status

O murui está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Witoto, Murui". Ethnologue.