Leticia, Colombia
Coordenadas: 4°12′54″S 69°56′28″O / -4.21500, -69.94111
Leticia é un concello colombiano que se atopa no extremo sur do país. É a capital do departamento do Amazonas. Malia estar arredada dos principais centros urbanos do país, sen comunicación por estrada, constitúe un nexo comercial importante co Brasil, debido á súa situación de cidade limítrofe sobre o río Amazonas e formando o trifinio coñecido como Tres Fronteiras co Perú e o Brasil.
Leticia, Colombia | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vistas da cidade. | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Amazonas | ||
Xeografía | |||
Altitude | 96 msnm | ||
Superficie | 5 968[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 42 280 (2018)[1][2][3] | ||
Densidade | 11,44 hab/km² | ||
Xentilicio | Leticiano/-a | ||
Outros datos | |||
Alcalde | José Huber Araujo Nieto (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Reúne case o 60% da poboación do departamento e a maior parte é indíxena de diversas comunidades como: os witotos, ingas, tucanos, ticunas e nukak. A cidade ten un gran crecemento demográfico e tecnicamente forma unha soa cidade xunto co concello brasileiro de Tabatinga.
ToponimiaEditar
Leticia é un porto, chamado así polo transporte que se realiza a través de ríos, isto é común en Colombia que posúe unha rede fluvial de 24 725 km. Foi fundada como porto fluvial o 25 de abril de 1867 cando aínda pertencía ó Perú, e nun comezo chamouse San Antonio, nomeada así polo capitán peruano Benigno Bustamante, quen era Gobernador de Loreto (Perú). O 15 de decembro dese ano o porto cambiou de nome a Leticia, polo enxeñeiro Manuel Charón, na honra a Leticia Smith, a súa esposa. Este enxeñeiro era moi coñecido e importante na localidade.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Información general de Leticia". Alcaldía municipal. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-1020) del censo 2005". DANE. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ Población de Leticia, DANE, resultados oficiales del censo 2005, última consulta o 24 de xuño de 2010.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficialArquivado 08 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)