Neiva
cidade e capital do departamento de Huila, Colombia
Coordenadas: 2°55′39″N 75°17′15″O / 2.92750, -75.28750
Neiva é un concello colombiano, capital do departamento de Huila. Xace entre a cordilleira Central e Oriental, nunha chaira sobre a marxe oriental do río Magdalena, no val do mesmo nome, cruzada polo río Las Ceibas e o río del Oro. A súa extensión territorial é de 1533 km², a súa altura de 442 metros sobre o nivel do mar e a súa temperatura media de 27.7 °C.[1]
Neiva | |||
---|---|---|---|
Vistas da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Huila | ||
Xeografía | |||
Altitude | 442 msnm | ||
Superficie | 1553 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 347 501 (2018) | ||
Densidade | 223,76 hab/km² | ||
Xentilicio | Neivano, -a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 410001-410018 | ||
Alcalde | Rodrigo Armando Lara Sánchez (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
A súa área metropolitana posúe unha economía moi dinámica baseada no ecoturismo, gastronomía, industria e comercio. É unha das conurbacións colombianas aínda non oficiais, pero existentes de facto no norte do departamento de Huila. Os seus concellos satélites son Rivera, Palermo, Tello, Baraya, Aipe, Villavieja e Campoalegre.
NotasEditar
- ↑ Alcaldía de Neiva. "Neiva, capital del río Magdalena será la nueva marca de la capital del Huila". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2010.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neiva |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)