Abrir o menú principal

Sabana de Bogotá

Coordenadas: 5°11′47″N 73°57′31″O / 5.19639, -73.95861

Zona norte da sabana.

A sabana de Bogotá é unha subrexión que se atopa no centro xeográfico de Colombia, sobre a Cordilleira Oriental, na parte sur do altiplano cundiboyacense, a altiplanicie máis extensa dos Andes colombianos, cunha altura en media de 2.600 msnm.

HistoriaEditar

O río Bogotá, que lle dá o seu nome actual á sabana, percórrea de norte a sur e precipítase nas súas estribacións formando a fervenza do Tequendama, a fervenza que, segundo a mitoloxía muisca, formouse cando Bochica rompeu a rocha para que se precipitasen por alí as augas que asulagaran a terra. Os ríos tributarios do Bogotá forman vales fértiles onde se atopan poboacións florecentes.

A sabana foi bautizada "O Val dos Alcázares" por Gonzalo Jiménez de Quesada por mor do gran número de aldeas muiscas construídas en bohíos que á súa chegada se estendían sobre a chaira.

Véxase taménEditar