Arquitectura gótica en Galicia

Arquitectura de Galicia
Prehistoria
Imperio Romano
Prerrománico
Románico
Gótico
Renacemento
Barroco
Neoclasicismo
Século XIX
Século XX
Século XXI

A arquitectura gótica en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións, na súa maioría templos -a maioría conventos e catedrais- dos séculos XIV e XV que supoñen a evolución natural das primeiras igrexas románicas do século XIII.

Ademais da arte rural, sobresae pola súa calidade a arquitectura das ordes mendicantes: Dominicos e Franciscanos.

Exemplos de arquitectura gótica en Galicia son algunhas partes do Convento de San Domingos de Bonaval, do Convento de San Francisco de Ourense e de San Domingos de Pontevedra.

Historia e características editar

Implantouse maioritariamente nas cidades por mor da chegada das ordes mendicantes (dominicos e franciscanos) a Galicia no século XIII.

As construcións góticas en Galicia caracterízanse polo rexeitamento ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas, pero empregaron amplamente os elementos góticos máis esenciais como as bóvedas de cruzaría e o arco apuntado.

A mestura entre a arquitectura románica e a gótica tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do Císter, como os de Armenteira, Acibeiro, Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo), Oseira e Melón (Ourense).

Galería de imaxes editar

 
Cisterciense: igrexa do Mosteiro de Santa María de Meira, 1185-1225.
 
S. Francisco de Betanzos, s.XIV, mandado facer por Fernán Peres de Andrade.
 
Claustro gótico da Catedral de Tui.
Claustro gótico da Catedral de Tui
 
Fachada da Catedral de Mondoñedo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar