Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°19′34″N 1°58′56″O / 43.32611, -1.98222

Río Urumea
Maria Kristina zubia Donostia.JPG
Vista do Urumea en Donostia
PaísEspaña
NacementoPorto de Ezkurra (Navarra)
Lonxitude44,9 km
Conca279 km²
Caudal medio9,99 m³/s
DesembocaduraMar Cantábrico

O río Urumea (do éuscaro, ur, «auga», e mehea, «fina») é un río do norte de España que nace en Navarra e desemboca na cidade de Donostia (Guipúscoa).

XeografíaEditar

O río Urumea nace no porto de Ezkurra (Navarra), nunha das zonas con máis precipitacións da península Ibérica. Descende por un val estreito e fondo ata Goizueta. Recibe o Añarbe discorrendo en rápida pendente a partir de Artikutza, atravesa os núcleos de Pagoaga e Pikoaga ata chegar a Hernani.

Prosegue por Astigarraga e entra na cidade de Donostia, pasando polos barrios de Martutene, Loiola, separando a Eguía e Gros de Amara e o centro, para desembocar no mar Cantábrico entre o monte Urgull e a praia de Zurriola. A súa cunca ten soamente 279 km² e ten 45 km de lonxitude.

No seu percorrido recibe as augas dos seguintes afluentes: pola dereita, Añarbe, Beltza, Lizarrei, Aparrain, Eskaitz, Usoko, Epele, Marindegi e Taulako; pola izquierda, Pagoaga, Sagarreta, Olaberri, Bezkite, Sagatzain, Txonkueneku, Portu, Latzumbe, Buztin e Agerre.

CaracterísticasEditar

A forma actual da desembocadura é moi diferente á doutros tempos. Entón era moi ancha, entre os montes Ulía e Igeldo, e Urgull era só un islote que saía no centro e as augas discorrían por gran parte do actual Gros e a totalidade de Amara novo, formando marismas e terreos pantanosos.

O río Urumea adoita rexistrar as maiores crecidas no outono e a principios do inverno, producíndose ocasionalmente algunhas inundacións en Hernani, Astigarraga e no barrio donostiarra de Martutene. Ao ter unha cunca pequena e poucos quilómetros de percorrido, o seu caudal pode variar de forma rápida, pode subir o seu nivel en poucas horas e si nuns cantos días non se producen precipitacións este pode descender considerablemente.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar