Castro de Edreira

poboado fortificado en Oleiros

O castro de Edreira, tamén chamado O Castelo, é un castro situado na parroquia de Oleiros, no concello coruñés de Oleiros.

Castro de Edreira
Tipocastro Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°20′17″N 8°18′13″O / 43.3381, -8.3036
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloOleiros
ParroquiaOleiros Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA15058010
Wikidata ]

Morfoloxía

editar

Consta dun recinto fortificado de forma circular. Ten un diámetro de 150 metros.

Hai indicios de que estivo rodeado na súa totalidade por un talude que hoxe se interrompe polas bandas oeste e sueste, a consecuencia de movementos de terras. Apréciase un socalco pola banda oeste, defendido por un terraplén, a través do cal se pode acceder ó recinto principal.

Conservación

editar

Ó norte, fóra do castro, están instaladas dúas antenas de telefonía móbil e dous grandes depósitos de auga. Existe un terceiro depósito no extremo leste da croa, de cuxa construción resultou a destrución do recinto neste sector. Na parte sueste, o camiño que rodea recinto principal afectou ó parapeto exterior.

Na actualidade a vexetación cobre gran parte do castro.

Arqueoloxía

editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.