Operación Bisonte
A operación Bisonte foi unha operación de emigración dirixida a enviar ao Canadá traballadores españois desenvolvida en maio de 1957.
Características
editarFoi froito dun convenio entre o Instituto Español de Emigración e a Embaixada do Canadá en Madrid. Tratouse da primeira operación de emigración asistida de matrimonios "rurais mozos", procedentes de diferentes provincias españolas. A iniciativa levou a 110 matrimonios españois (260 persoas) a traballar en granxas situadas nos arredores de Montreal (Quebec); 39 parellas eran galegas, procedentes sobre todo das provincias de Ourense e Lugo, aínda que tamén había algunhas da Coruña.
A esta primeira operación seguiron a operación Alce (xuño de 1957), que seleccionou mozos solteiros para traballar en dúas compañías ferroviarias canadenses; e outra organizada en 1960 pola Comisión Católica de Emigración Española, que levou a 50 mulleres solteiras para traballaren no servizo doméstico.
Entre 1958 e 1963 desenvolveuse a operación Canguro para levar traballadores agrícolas a Queensland, en Australia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Montes Villar, Luisa (2010). La Operación Bisonte. Memoria y promesa de una emigración transoceánica. Barbastro: Fundación Ramón J. Sender. ISBN 978-84-88230-41-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cazorla Sánchez, Antonio e Shubert, Adrián (2000). "A inmigración española en Canadá. Unha visión de conxunto" pp. 9-26, Estudios Migratorios, nº 10, decembro 2000, CCG, ISSN 1136-0291.
- Anuncio da Operación Bisonte na prensa española da época
- Veinticinco hijos de emigrantes, al Canadá (Noticia do reagrupamento das familias un ano despois).