Tívoli

comuna italiana

Tívoli, en latín Tibur, en italiano Tivoli, é unha cidade do Lacio, en Italia, na provincia de Roma. En 2021 tiña 54 939 habitantes. Está na marxe esquerda do río Aniene, no nordeste de Roma.

Tívoli
Tivoli
Vistas da cidade
Localización
Tívoli en Italia
Tívoli
Tívoli
PaísItalia Italia
RexiónLacio
ProvinciaProvincia de Roma
Xeografía
Altitude235 msnm
Superficie68 km²
Demografía
Poboación54 939 hab. (2021)
Densidade780 hab/km²
Outros datos
Código postal00019
AlcaldeGiuseppe Proietti
Páxina oficial de Tívoli

Historia e características editar

Nestas terras, entre outras materias primas, había unha pedra chamada actualmente travertino, que foi moi usada en Roma; aínda existen restos das antigas canteiras. O Coliseo e a basílica de San Pedro de Roma están feitos con este material.

Foi unha localidade romana coñecida pola súa paisaxe agreste, con bosques intercalados e fervenzas, cun clima máis fresco e limpo que a populosa Roma. Converteuse en lugar de veraneo en tempos do Imperio romano. Alí tiveron vilas moitos personaxes romanos, como o emperador Hadriano e o poeta Quinto Horacio Flaco (658 a. C.). As modernas obras hidráulicas de captación de auga variaron sensiblemente a paisaxe do lugar.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar