Nagasaki

cidade xaponesa

Nagasaki[1] (長崎市, ながさきし, Nagasaki-shi) é unha cidade xaponesa, capital e a maior poboación da prefectura de Nagasaki, situada sobre a costa suroeste da illa de Kyūshū. Cara ao ano 2009 a cidade tiña unha poboación estimada de 444.271 habitantes e unha densidade de 1.090 persoas por km². A superficie total do concello de Nagasaki é de 406,40 km²; limita cos concellos de Saikai, Togitsu, Nagayo e Isahaya.

Modelo:Xeografía políticaNagasaki
長崎市 (ja) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoNagasaki shika (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Símbolo oficialPentalfa (estrela)
Hortensia (flor)
Triadica sebifera (árbore) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 32°44′58″N 129°52′47″L / 32.74953, 129.87964Coordenadas: 32°44′58″N 129°52′47″L / 32.74953, 129.87964
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Nagasaki Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación404.656 (2021) Editar o valor em Wikidata (995,83 hab./km²)
Lingua usadaNagasaki dialect (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie406.350.000 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porNagasaki Bay (en) Traducir, Tachibana Bay (en) Traducir e Urakami River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Shimonagasaki (en) Traducir, Kaminagasaki (en) Traducir, Tomachi (en) Traducir, Fuchi (en) Traducir, Kaminagasaki (en) Traducir, Urakamiyamazato (en) Traducir, Nishiurakami (en) Traducir, Kogakura (en) Traducir, Doinokubi (en) Traducir, Kosakaki (en) Traducir, Fukuda (en) Traducir, Fukuda (en) Traducir, Fukahori (en) Traducir, Himi (en) Traducir, Mogi (en) Traducir, Shikimi (en) Traducir, Higashinagasaki (en) Traducir, Mie (en) Traducir, Togitsu (pt) Traducir, Kōyagi (en) Traducir, Iōjima (en) Traducir, Takashima (en) Traducir, Nomozaki (en) Traducir, Sanwa (en) Traducir, Sotome (en) Traducir, Kinkai (en) Traducir e Nagasaki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1 de abril de 1889 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
9 de agosto de 1945atomic bombing of Nagasaki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataShirō Suzuki (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoQ97183008 Traducir , Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal850-0002–852-8154 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico95 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Patrimonio de influencia portuguesa

Sitio webcity.nagasaki.lg.jp Editar o valor em Wikidata
Instagram: nagasakicity_official Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Nube en forma de fungo provocada pola explosión da bomba atómica sobre a cidade de Nagasaki.

Nagasaki foi fundada en 1500 por navegantes portugueses. Orixinalmente foi unha vila porto de pouca importancia até a chegada de exploradores portugueses a mediados do século XVI, cando unha embarcación portuguesa accidentalmente encallou na prefectura de Kagoshima en 1542. O misioneiro xesuíta San Francisco Javier arribou noutra parte do territorio en 1549, convertendo a varios daimyo (señores feudais).

A pequena vila porto converteuse rapidamente nunha cidade portuaria diversa pola cal ingresaron moitos produtos importados de Portugal (como o tabaco, o pan, a tempura, o biscoito de Castela, e novos estilos de vestimenta). Moitos destes produtos foron asimilados á cultura popular xaponesa. Os portugueses tamén trouxeron consigo moitos produtos de orixe chinés.

En 1587 a prosperidade de Nagasaki foi ameazada cando o Hideyoshi Toyotomi subiu ao poder. Preocupado pola grande influencia cristiá no sur do Xapón, ordenou a expulsión de todos os misioneiros. As xesuítas habían xa adquirido control administrativo parcial sobre Nagasaki, e a cidade regresou entón ao control imperial. Cristiáns tanto xaponeses como estranxeiros foron perseguidos e Hideyoshi crucificou a 26 cristiáns en Nagasaki o 5 de febreiro de 1597 para previr calquera intento de usurpación do seu poder, entre eles San Pablo Miki (ver o artigo Os 26 mártires do Xapón). Os mercadores portugueses, con todo, non foron perturbados, e así a cidade continuou o seu desenvolvemento.

Cando o shogun Tokugawa Ieyasu sobe ao poder aproximadamente vinte anos máis tarde, as condicións non melloraron demasiado. O cristianismo foi prohibido por completo no ano 1614 e todos os misioneiros foron deportados, así como aqueles xaponeses que non renunciasen ao cristianismo. Seguiulle a isto unha brutal campaña de persecución, resultando en miles de mortos ou torturados en Nagasaki e outras partes do Xapón. Ao comezo os cristiáns opuxeron resistencia, chegando en 1637 a formarse unha insurrección de máis de 40.000 cristiáns, os cales tomaron o castelo Hara. O shogun enviou 120.000 soldados para aniquilar a rebelión, dando fin así ao breve "século cristián" no Xapón. Os poucos cristiáns en sobrevivir terminaron os seus días escondidos e perseguidos.

 
Templo budista en Nagasaki

Os holandeses introducíronse no Xapón silenciosamente para esta época, a pesar da decisión oficial do shogunato de terminar definitivamente toda influencia estranxeira no país. Os holandeses demostraron que llo seu interese era exclusivamente comercial e probaron a súa palabra durante a rebelión Shimabara disparando contra os cristiáns e a favor do shogun. En 1641 foilles outorgado Dejima, unha illa artificial na baía de Nagasaki, como base de operacións. Desde esta data até 1855 o contacto do Xapón co exterior limitouse exclusivamente a Nagasaki. En 1720 levantouse a prohibición sobre os libros holandeses, creando así unha gran vaga migratoria interna cara a Nagasaki de estudosos das ciencias e artes europeas.

Logo de que o comodoro estadounidense Matthew Perry chegase ao Xapón en 1853 o shogun decidiu abrir as portas do país novamente. Nagasaki converteuse en porto libre en 1859 e a modernización comezou en 1868. Coa restauración Meiji, Nagasaki converteuse rapidamente para asumir certo dominio económico. A súa principal industria foi a construción de embarcacións.

Branco atómico alternativo editar

 
Nagasaki, 24 de setembro de 1945, 6 semanas despois do ataque con bomba atómica naquela cidade.

O 9 de agosto de 1945 lanzouse sobre ela a segunda bomba atómica. O bombardeiro estadounidense "Bockscar", en busca de estaleiros, en cambio atopou a fábrica de armas Mitsubishi. Sobre este obxectivo deixou caer a bomba atómica Fat Man, a segunda bomba atómica en ser detonada sobre Xapón e máis poderosa que a de *Hiroshima. (ver Hiroshima para un relato da primeira explosión).

Inicialmente a branco era Niigata, pero estaba a chover; cambiouse a Kokura, pero había néboa espesa e non se puido situar, e a falta de combustible e coa misión en perigo Sweeney decidiuse finalmente polo último branco alternativo, por Nagasaki, o Great Artist, actuando como avión meteorolóxico informou que existía un claro visible entre as nubes, o Bockscar só tiña combustible para unha soa pasada. Ao chegar o avión atopou un pechado teito de nubes, tiña que tomar unha decisión ou a lanzaba ou volvía, decidiuse o bombardeo por radar.

Efectos do bombardeo editar

 
Nagasaki, antes e despois da bomba atómica

A pesar de que a bomba fallou por unha distancia considerable, non perdoou e aínda puido arrasar case a metade da cidade ao caer a un costado do val de Urakami, onde se emprazaba a cidade. 75.000 dos 240.000 habitantes de Nagasaki morreron instantaneamente, seguidos pola morte dunha suma equivalente por enfermidades e feridas. Estímase que a suma total de mortos foi de bastante máis de 140.000 persoas entre civís e militares.

O terreo onde se atopa a cidade é moi montañoso e isto delimitou os efectos das ondas expansivas da explosión inicial. De todos os xeitos a destrución, o caos e o horror foi similar ao de Hiroshima. Foi tal a estupefacción dos cuarteis militares e o grao de shock tanto de civís como militares que en Nagasaki non se inspeccionou até despois dunha semana, cando a cidade era xa un osario silencioso. Os que lograron sobrevivir máis aló do radio de acción da bomba tiveron que asistir ás ondas de feridos na súa maioría graves.

Consecuencias posteriores editar

Xapón rendeuse 5 días despois desta destrución. Tras a guerra a cidade foi reconstruída, aínda que amplamente modificada. Construíronse novos templos e igrexas, xa que a presenza cristiá nunca desapareceu e mesmo gañou unha grande adherencia durante a guerra. Algúns dos cascallos foron deixados intactos en memoria e levantáronse novas edificacións co mesmo obxectivo, como o museo da bomba atómica. Nagasaki é aínda unha cidade portuaria cunha rica industria naval e é ademais un forte exemplo de perseveranza e paz.

Universidades editar

Cidades irmandadas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar