Mildred Dresselhaus

física estadounidense

Mildred Dresselhaus, nada en Brooklyn (Estados Unidos) o 11 de novembro de 1930 e finada o 20 de febreiro de 2017, foi unha física e nanotecnóloga estadounidense coñecida como a "raíña da ciencia do carbono", foi a primeira catedrática e catedrática emérita de Física e enxeñaría eléctrica do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts[1]. Dresselhaus obtivo numerosos premios que inclúen a Medalla Presidencial da Liberdade, a Medalla Nacional de Ciencia, o Premio Enrico Fermi e o Premio Vannevar Bush.

Mildred Dresselhaus
Nome completoMildred Spiewak
Nacemento11 de novembro de 1930
Lugar de nacementoBronx e Brooklyn
Falecemento20 de febreiro de 2017
Lugar de falecementoMount Auburn Hospital e Cambridge
SoterradaCemitério de Mount Auburn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade de Chicago, Universidade Cornell, Hunter College, Hunter College High School e Radcliffe College
Ocupaciónfísica, enxeñeira e profesora universitaria
CónxuxeGene Dresselhaus e Frederick Reif
PremiosKavli Prize in Nanoscience, Premio L'Oréal -UNESCO, Prêmio Harold Pender, Medalha Oersted, Prêmio Oliver E. Buckley de Matéria Condensada, Medalha de Honra IEEE, Medalla Nacional de Ciencia, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Medalla Presidencial da Liberdade, Honorary doctoral degree of the Pierre and Marie Curie University, Medalla Benjamin Franklin, Prêmio Weizmann de Mulheres na Ciência, Prêmio Vannevar Bush, Fellow of the American Physical Society, Society of Women Engineers Achievement Award, Medalha Fundadores IEEE, Prêmio Enrico Fermi, Women in Technology Hall of Fame, Heinz Award, Prêmio Von Hippel, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Fellow of the AAAS, Honorary Fellow of the Institute of Physics, honorary doctor of the Hong Kong Polytechnic University, Carbon Medal, Dwight Nicholson Medal for Outreach, honorary doctor of ETH Zürich, ACS Award for Encouraging Women into Careers in the Chemical Sciences e Medalha Fundadores IEEE
Na rede
WikiTree: Spiewak-9 Find a Grave: 176683296 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anos e educación editar

Mildred Spiewak era a filla de Ethel (Teichtheil) e Meyer Spiewak, inmigrantes polacos xudeus.[2][3]

Criada no Bronx, graduouse no Hunter College High School. Obtivo a súa licenciatura polo Hunter College en Nova York en 1951, e por consello da futura premio Nobel Rosalyn Yalow continou os seus estudos de física.[4] Realizou estudos de posgrao na Universidade de Cambridge cunha Bolsa Fulbright e na Universidade de Harvard. Conseguiu o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1958, onde estudou baixo o a dirección do premio Nobel Enrico Fermi. Pasou logo dous anos na Universidade Cornell antes de trasladarse ao Laboratorio Lincoln como empregada. Converteuse en profesora visitante do MIT en 1967, en profesora titular en 1968, e en catedrática de Física en 1983. En 1985, converteuse na primeira muller seleccionada coa distinción máis alta do profesorado no MIT.[5][6][7]

Carreira e legado editar

Dresselhaus recibiu a Medalla Nacional de Ciencia en 1990 en recoñecemento ao seu traballo sobre as propiedades electrónicas dos materiais e a promoción de oportunidades para mulleres en ciencia e enxeñaría. E en 2005 recibiu o 11º Premio Heinz na categoría de Tecnoloxía, Economía e Traballo.[8][9][10] En 2008 recibiu a Medalla Oersted, e en 2015 a Medalla IEEE de Honra.

De 2000–2001, foi a directora da Oficina de Ciencia no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. De 2003 a 2008, foi a presidenta do consello de goberno do Instituto Estadounidense de Física. Tamén tivo o cargo de presidenta da Sociedade Física Estadounidense, a primeira muller presidenta da Asociación Estadounidense para o Adianto da Ciencia, e tesoureira da Academia Nacional de Ciencias. Dresselhaus dedicou moito tempo a apoiar os esforzos para promover o aumento da participación das mulleres na física.

 
O Presidente Barack Obama saúda á Dra. Mildred S. Dresselhaus, terceira pola dereita, e ao Dr. Burton Richter, dereita, o 7 de maio de 2012.

En 2012 Dresselhaus acadou o Premio Enrico Fermi, xunto a Burton Richter.[11] O 31 de maio de 2012 Dresselhaus recibiu o Premio Kavli, "polas súas contribucións pioneiras no estudo do fonón, as interaccións fonón-electrón, e o transporte térmico nas nanoestructuras."[12][13]

En 2014, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.[14]

Dresselhaus distinguiuse en especial polo seu traballo sobre o grafito, os compostos de intercalación do grafito, os fullerenos, os nanotubos de carbono, e o efecto termoeléctrico de baixa dimensión. O seu grupo fixo frecuente uso da estrutura de banda electrónica, o efecto Raman, e a fotofísica das nanoestructuras de carbono. Entre os antigos alumnos de Dresselhaus atópanse recoñecidos científicos materiais tales como Deborah Chung e James S. Speck e físicos notables como Nai-Chang Yeh, Greg Timp, Mansour Shayegan, Lourdes Salamanca Riba, e Ahmet Erbil.

Dresselhaus explorou o potencial dos nanotubos de carbono.[15] Os seus máis de 1700 traballos na materia e a coautoría de oito libros merecéronlle o apoio de Raíña do Carbono.[15]

Hai varias teorías físicas que reciben o nome de Dresselhaus. O modelo Hicks-Dresselhaus (L. D. Hicks e Dresselhaus) .[16] O modelo SFDD (Riichiro Saito, Mitsutaka Fujita, Xene Dresselhaus, e Mildred Dresselhaus) que foi o primeiro en predicir as estruturas de banda dos nanotubos de carbono.[17] O efecto Rashba-Dresselhaus refírese á interacción orbito-xiratoria modelada por Gene Dresselhaus, o marido de Mildred Dresselhaus.

Na cultura popular editar

En 2017 Dresselhaus apareceu nun anuncio para a campaña de General Electric co fin de conseguir 20 000 mulleres en STEM para 2020.[18]

Honras e premios editar

  • Título honorario de Doutora de Ciencia da ETH Zúric, 2015.[19]
  • Medalla IEEE de Honra, 2015 (primeira muller en recibila)
  • Indución no Salón da Fama de Inventores dos Estados Unidos, 2014.[20]
  • Medalla presidencial da Liberdade, 2014.[21]
  • Título honorario de Doutora de Ciencia, Universidade Politécnica de Hong Kong, 2013.[22]
  • Premio Arthur R. von Hippel, Sociedade de Investigación de Materiais, 2013.[23]
  • Premio Kavli en Nanociencia, 2012.
  • Premio Enrico Fermi (segunda muller en recibilo), 2012.
  • Premio Vannevar Bush (segunda muller en recibilo), 2009.
  • Premio ACS por Animar ás Mulleres a entrar en Carreiras de Ciencias Químicas, 2009.
  • Premio Oliver E. Buckley Premio de Materia Condensada, Sociedade Física Estadounidense, 2008.
  • Medalla Oersted Medalla, 2007.
  • Premios L'Oréal-Premios da UNESCO para Mulleres na Ciencia, 2007.
  • Premio Heinz de Tecnoloxía, Economía e Traballo, 2005.
  • Medalla dos Fundadores do IEEE, 2004.
  • Medalla Karl Taylor Compton de Liderado en Física, Instituto Estadounidense de Física, 2001.
  • Medalla de Logros en Ciencia de Carbono e Tecnoloxía, Sociedade de Carbono estadounidense, 2001.
  • Membro honorario do Instituto Ioffe, Academia rusa de Ciencias, San Petersburgo, Rusia, 2000.
  • Premio de Avance de Materiais nacional da Federación de Sociedades de Materiais, 2000.
  • Doutoramento honorario da Universidade católica de Leuven, Bélxica, febreiro 2000.
  • Medalla Nicholson, Sociedade Física estadonunidense, marzo 2000.
  • Premio Instituto Weizmann Logro do Milenio, xuño 2000.
  • Premio SGL de carbono, Sociedade de Carbono estadounidense, 1997.
  • Medalla Nacional de Ciencia, 1990.
  • Premio de Logros da Asociación de Mulleres Enxeñeiras, 1977.

Notas editar

  1. Angier, Natalie (2 de xullo de 2012). "Carbon Catalyst for Half a Century". Consultado o 3 de xullo de 2012. 
  2. https://books.google.ca/books?id=B687AAAAMAAJ&q=Meyer+and+Ethel+(Teichtheil)+Spiewak&dq=Meyer+and+Ethel+(Teichtheil)+Spiewak
  3. https://books.google.ca/books?id=bVhwCwAAQBAJ&pg=PA120
  4. MIT News Office (21 de febreiro de 2017). "Institute Professor Emerita Mildred Dresselhaus, a pioneer in the electronic properties of materials, dies at 86". Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  5. "80th Birthday Celebration for Millie Dresselhaus". Consultado o 18 de abril de 2015. 
  6. "SENATE CONFIRMS DRESSELHAUS AS DIRECTOR OF DOE OFFICE OF SCIENCE". U.S. Senate Committee on Energy and Natural Resources. Consultado o 18 de abril de 2015. 
  7. "NSF and NSB Pay Tribute to Three Top American Scientists and Public Service Awardees at Annual Ceremony". US National Science Foundation (NSF). Consultado o 18 de abril de 2015. 
  8. "Dresselhaus Wins Medal of Science". MIT News Office. 14 de novembro de 1990. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2005. Consultado o 30 de maio de 2007. 
  9. "National Science Foundation - The President's National Medal of Science". Consultado o 24 de novembro de 2014. 
  10. "The Heinz Awards, Mildred Dresselhaus profile". 
  11. "President Obama Names Scientists Mildred Dresselhaus and Burton Richter as the Enrico Fermi Award Winners". 
  12. Queen of Carbon Science, U.S. News & World Report.
  13. 2012 Kavli Prizes/Mildred S. Dresselhaus/2012 Nanoscience Citation Arquivado 06 de outubro de 2019 en Wayback Machine., Kavli Foundation.
  14. "Obama awards Presidential Medal of Freedom to 18". Consultado o 24 de novembro de 2014. 
  15. 15,0 15,1 "‘La Reina del Carbono’, pasado y futuro de la humanidad.". PlayGround. 24 de febreiro de 2017. 
  16. "Effect of quantum-well structures on the thermoelectric figure of merit". 
  17. "Electronic structure of graphene tubules based on C60". 
  18. https://www.youtube.com/watch?v=sQ6_fOX7ITQ
  19. "Doing the right things". 21 de novembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015. 
  20. "Spotlight | National Inventors Hall of Fame". Invent.org. 21 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016. 
  21. "President Obama Announces the Presidential Medal of Freedom Recipients". 10 de novembro de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2014. 
  22. "PolyU to honour five distinguished personalities at 19th Congregation". 23 de setembro de 2013. Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  23. MIT

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar