Jack Steinberger

físico suizo

Jack Steinberger, nado como Hans Jakob Steinberger en Bad Kissingen o 25 de maio de 1921 e finado en Xenebra o 12 de decembro de 2020,[1] foi un físico estadounidense de orixe alemá.

Infotaula de personaJack Steinberger

(2008) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Jack Steinberger Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hans Jakob Steinberger Editar o valor em Wikidata
25 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Bad Kissingen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza (2000–)
Estados Unidos de América
Alemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Instituto de Tecnologia de Illinois (pt) Traducir
New Trier High School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseEdward Teller Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Europeo para a Investigación Nuclear (1968–)
Universidade de Columbia (1950–1968)
Universidade de California en Berkeley (1949–1950) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMelvin Schwartz Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNed Steinberger (pt) Traducir, Julia K. Steinberger Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm4225400 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Steinberger naceu en Bad Kissingen en Baviera, Alemaña, pero, de orixe xudeu, abandonouna aos 13 anos debido ao incremento do sentimento antisemita e o espertar nazi. Emigrou aos Estados Unidos, onde se graduou na Universidade de Chicago. Durante a segunda guerra mundial traballou no laboratorio de radiación do MIT. Con posterioridade volveu a Chicago a traballar en física teórica, mais baixo a guía de Enrico Fermi seguiu a desenvolver investigacións en radiación cósmica, o que o levou á física dos neutrinos. En 1968 emigrou a Suíza para traballar no CERN como Físico Sénior, onde comezou a investigar na violación CP e realizou innúmeras experiencias sobre neutrinos e a súa dispersión,[2] sendo considerado polo desenvolvemento experimental do modelo estándar de física.[1] Entre 1980 e 1990 foi a cabeza visible do experimento ALEPH, encadrado no LEP (Large Electron–Positron Collider).

Unha vez xubilado, continuou coa súa presenza no CERN ata superar os 90 anos, supervisando os experimentos NA31, NA48 e NA62.[1]

O premio Nobel editar

Recibiu o Nobel de Física de 1988, conxuntamente con Leon Max Lederman e Melvin Schwartz, 'polo método do feixe de neutrinos e a demostración da estrutura dobrete dos leptóns a traverso do descubrimento do neutrino muónico' (1962).[3] Estes experimentos foron realizados no Sincrotrón de Gradiente Alterno -Alternating Gradient Synchrotron (AGS)- no Brookhaven National Accelerator Laboratory da Universidade de Columbia.

O traballo premiado levou a descubertas que abriron novas oportunidades na investigación da estrutura e dinámica máis internas da materia. O traballo levou a solucionar dous grandes obstáculos para progresos posteriores nas forzas débiles. Un deles foi que de xeito previo non había un método de estudo experimental no campo de forzas débiles a altas enerxías. O outro, foi solucionado pola descuberta de que había ao menos, dous tipos de neutrinos, un relacionado co electrón e o outro co muón.[3]

O importe do seu premio Nobel doouno á New Trier High School, escola da que foi alumno.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Jack Steinberger (1921-2020)". CERN (en inglés). Consultado o 2020-12-18. 
  2. CERN. "Les hommes et les femmes" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Academia Real das Ciencias de Suecia. "The Nobel Prize in Physics 1988" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar