James Rainwater

físico estadounidense

Leo James Rainwater, nado o 9 de decembro de 1917 en Council (Idaho, Estados Unidos) e finado en Nova York o 31 de maio de 1986, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1975.

Modelo:BiografíaJames Rainwater

(1975) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Leo James Rainwater Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Council, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de maio de 1986 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de California
Universidade de Columbia Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Ray Dunning (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica atómica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, científico nuclear, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosVal Logsdon Fitch Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoVal Logsdon Fitch Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.231) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na cidade de Council, situada en Idaho. En 1918, despois da morte do seu pai pola epidemia de gripe española, a súa familia trasladouse ata Hanford, no estado de California. Alí estudou física no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1939 e, posteriormente, conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia en 1946. En 1952 foi nomeado profesor de física na Universidade de Columbia.

Investigacións científicas

editar

Durante a segunda guerra mundial entrou a traballar no proxecto de desenvolvemento da bomba atómica. A partir de 1949 comezou a desenvolver a súa teoría de que, contrariamente ao que entón se cría, non todos os núcleos atómicos son esféricos. As súas ideas foron probadas e confirmadas máis adiante por Aage Niels Bohr e os experimentos de Ben Roy Mottelson realizados no Instituto Niels Bohr de Copenhague (Dinamarca).

James Rainwater tamén contribuíu na comprensión científica das radiografías e participou na Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e proxectos de investigación navais por decisión do goberno dos Estados Unidos.

En 1975 foi galardoado, xunto a Aage Niels Bohr e Ben Roy Mottelson, co Premio Nobel de Física.

Leo James Rainwater morreu o 31 de maio de 1986 na súa cidade natal de Council.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar