Jerome Isaac Friedman

físico estadounidense
(Redirección desde «Jerome I. Friedman»)

Jerome Isaac Friedman, nado en Chicago o 28 de marzo de 1930, é un físico estadounidense.

Jerome Isaac Friedman
Jerome Isaac Friedman durante a entrega do Premio Nobel
Datos persoais
Nacemento28 de marzo de 1930 (94 anos)
LugarChicago, Illinois
Nacionalidade estadounidense
Actividade
Campofísica
Alma máterUniversidade de Chicago
Director de teseEnrico Fermi
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física (1990)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de pais que emigraron aos Estados Unidos desde Rusia. Empezou a interesarse pola física despois de ler un libro de relatividade de Albert Einstein, e por iso estudou física na Universidade de Chicago. Traballou con Enrico Fermi, e recibiu o seu Ph.D. en física en 1956.

Codescubriu experimentalmente a evidencia dos quarks. Gañou o Premio Nobel de Física en 1990. En 2011 era profesor do MIT.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar