Santa Fe, Novo México
Coordenadas: 35°40′00″N 105°58′00″O / 35.666666666667, -105.96666666667
Santa Fe | |
---|---|
![]() | |
Situación xeográfica | |
![]() | |
País: | ![]() |
Estado: | Novo México |
Condado: | Santa Fe |
Incorporada: | |
Alcalde: | David Coss (D) |
Xeografía | |
Altitude: | 2,134 m msnm |
Superficie: | 96.9 km² km² |
Poboación | |
Poboación total: | 72,056 (2006) |
Densidade de poboación: | |
Información | |
Sitio na web: |
Santa Fe é a capital do estado de Novo México no suroeste dos Estados Unidos. Está situada no centro norte do estado, a uns 90 km de Albuquerque, a cidade máis grande de Novo México. En 2006 tiña 72.056 habitantes. É tamén a capital do Condado de Santa Fe. Está situada a 2130 msnm.
Historia Editar
Santa Fe foi designada capital de Novo México, unha provincia da Nova España instituída en 1598 polo explorador español Coronado. A primeira toma de posesión foi no lugar no que posteriormente crecería a cidade, a partir de 1607, por obra do colono español Juan Martinez de Montoya.
A cidade foi fundada formalmente en 1610 por Don Pedro de Peralta, terceiro gobernador de Novo México; déuselle o nome de A Vila Real da Santa Fe de San Francisco de Asís. É a máis antiga entre todas as cidades capitais dos Estados Unidos, e a segunda máis antiga entre todas as cidades aínda habitadas da época colonial (logo de San Agustín, en Florida, que foi fundada en 1565).
Santa Fe foi sede provincial española ata o comezo da Guerra de Independencia de México en 1810. En 1824 formalizouse o seu status de capital do territorio mexicano de Santa Fe de Novo México.