Chien-Shiung Wu

física experimental chinesa-estadounidense

Chien-Shiung Wu (chinés: 吳健雄 , 吴健雄, Wú Jiànxióng), nada en Liuhe (Taicang, Jiangsu) o 31 de maio de 1912 e finada en Nova York o 16 de febreiro de 1997, foi unha física experimental chinesa-estadounidense que realizou contribucións significativas no campo da física nuclear. Traballou no Proxecto Manhattan axudando a desenvolver o proceso de separación do metal de uranio e os isótopos de uranio-238 por medio da difusión gasosa. Realizou tamén o chamado experimento Wu, que contradice a hipotética lei de conservación da paridade. Este descubrimento deu como resultado que os seus colegas Tsung-Dao Lee e Chen Ning Yang gañasen o premio Nobel de física en 1957, e con el Wu obtivo o premio Wolf de Física dúas décadas despois, en 1978. A súa experiencia na física experimental provocou que a comparasen en ocasións a Marie Curie, recibindo os alcumes de "a Primeira Dama da Física", "a Madame Curie Chinesa" e a "Raíña da Investigación Nuclear".[1]

Modelo:BiografíaChien-Shiung Wu

(1958) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 吳健雄
(zh-hans) 吴健雄 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1912
Taicang, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1997
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - física (–1940)
National Central University (Nanjing) (en) Traducir
Universidade de Chequião (pt) Traducir
Smith College
Universidade de Nanjing Editar o valor en Wikidata
Director de teseErnest Lawrence Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, fisicalismo (pt) Traducir, física experimental (pt) Traducir, física nuclear, física de partículas, Radiactividade, Uranio e Anemia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncientífico nuclear, física, profesora universitaria, científica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Smith College
Universidade Columbia
Universidade de Chequião (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresErnest Lawrence Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLuke Chia-Liu Yuan (1942–1997) Editar o valor en Wikidata
FillosJada Yuan, neta, Vincent Yuan Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiographical Dictionary of Chinese Women: The Twentieth Century (en) Traducir
We Are Here: 30 Inspiring Asian Americans and Pacific Islanders Who Shaped the United States (en) Traducir, (p.105-107)
Pioneers of Science and Technology (en) Traducir, (p.40) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: 吳-17 Find a Grave: 11219655 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Wu foi a segunda de tres fillos de Wu Zhong- Yi (en chinés tradicional, 吳仲裔) e Fan Fu- Hua. Wu e o seu pai estaban moi unidos e el alentouna para que desenvolvese os seus intereses de forma apaixonada, nun ambiente onde estaba rodeada de libros, revistas e xornais.[2]

Recibiu a súa educación primaria en Ming De School, unha escola para nenas fundada polo seu pai e deixou a súa cidade natal en 1923 con 11 anos para ir á Escola Normal Feminina Nº 2 de Suzhou. Era un internado con clases para formación de profesorado, así como para estudantes de secundaria. A admisión á formación docente era máis competitiva, xa que non cobraba pola matrícula ou a xunta, e garantía un traballo ao graduarse. Aínda que a súa familia podía pagar, Wu elixiu a opción máis competitiva, e colocouse no noveno lugar entre uns 10 000 aspirantes.[2]

En 1929, Wu graduouse das primeiras da súa clase e foi admitida na Universidade Nacional Central en Nankín. De acordo coas regulacións gobernamentais da época, os estudantes universitarios de formación docente que desexaban trasladarse ás universidades necesitaban servir como mestres de escola durante un ano. No caso de Wu, isto só se aplicou nominalmente e foi dar clase á Escola Pública de Shanghai, cuxo presidente nese momento era o filósofo Hu Shih, a cuxas clases asistiu.[3] De 1930 a 1934, Wu estudou na Universidade Central Nacional (máis tarde renombrada Universidade de Nankín e reinstalada en Taiwán), primeiro en matemáticas e logo en física,[4]​ e involucrouse na política estudantil. As relacións entre a China e o Xapón eran tensas nese momento, e os estudantes estaban a instar ao goberno para tomar unha liña máis forte co Xapón.​[3] Wu foi elixida como unha das líderes estudantís polos seus colegas porque consideraban que dado que ela era unha das mellores estudantes da universidade, as autoridades poderían perdoar a súa participación ou polo menos pasala por alto. Sendo ese o caso, tivo coidado de non descoidar os seus estudos.[5]​ Dirixiu protestas que incluíron unha sentada no Palacio Presidencial en Nankín, onde os estudantes foron recibidos polo presidente Chiang Kai-shek.[3]

Despois realizou estudos de posgrao en física e traballou como asistente na Universidade de Zhejiang. Fíxose investigadora no Instituto de Física da Academia Sínica. O seu supervisor era o profesor Gu Jing- Wei, que obtivera o seu doutoramento no estranxeiro na Universidade de Míchigan (UM), e animou a Wu a facer o mesmo. Wu foi aceptada pola UM e o seu tío, Wu Zhou- Zhi, proporcionoulle os fondos necesarios. Embarcouse para os Estados Unidos cunha amiga, Dong Ruo- Fen (en chinés, 董若芬), unha química de Taicang, en agosto de 1936. Os seus pais e o seu tío despedíronse dela e nunca os volveu ver.[3]

Berkeley

editar

As dúas mulleres chegaron a San Francisco, onde os plans de Wu para estudos de posgrao cambiaron despois de visitar a Universidade de California en Berkeley.​[4] Coñeceu ao físico Luke Chia-Liu Yuan, neto de Yuan Shikai (o primeiro presidente da República da China e autoproclamado emperador da China). Yuan mostroulle o Laboratorio de Radiación, cuxo director era o físico Ernest Lawrence, que gañou o Premio Nobel de Física en 1939 pola súa invención do acelerador de partículas ciclotrón.[2]

Wu decatouse de que en Míchigan as mulleres non podían utilizar a entrada principal do campus e decidiu que prefería estudar en Berkeley. Yuan levouna a ver a Raymond T. Birge, xefe do departamento de física, quen lle ofreceu a Wu un lugar na escola de posgrao a pesar de que o ano académico xa comezara. Wu entón abandonou definitivamente os seus plans de estudar en Míchigan e matriculouse en Berkeley. Entre os seus compañeiros de clase atopábanse o estadounidense Robert R. Wilson e o canadense George Volkoff. Entre as súas amizades atopábanse Ursula Schaefer, unha estudante de historia que decidiu quedar nos Estados Unidos en lugar de regresar á Alemaña nazi,[6]​ e Margaret Lewis, unha estudante posdoutoral estadounidense. Wu solicitou unha bolsa ao final do seu primeiro ano, pero había prexuízos contra os estudantes asiáticos, e a Wu e Yuan ofrecéuselles prazas de profesores auxiliares con menor retribución. Yuan solicitou e obtivo unha bolsa no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech).[3]

Wu fixo grandes progresos na súa educación e na súa investigación. Aínda que Lawrence era oficialmente o seu supervisor, tamén traballou estreitamente co físico Emilio Segrè. A súa tese tiña dous partes separadas. A primeira era sobre a radiación de freado, a radiación electromagnética producida pola desaceleración dunha partícula cargada cando é desviada por outra partícula cargada, tipicamente un electrón por un núcleo atómico. Ela investigou isto usando unha emisión beta de fósforo 32, un isótopo radioactivo facilmente producido no ciclotrón que Lawrence e o seu irmán John H. Lawrence estaban a avaliar para o seu uso no tratamento do cancro e como trazador radioactivo. Isto marcou o primeiro traballo de Wu co decaimiento beta, un tema sobre o cal ela se convertería nunha autoridade.​ A segunda parte da súa tese era sobre a produción de isótopos radioactivos de xenón producidos pola fisión nuclear do uranio cos ciclotróns de 37 e 60 polgadas no Laboratorio de Radiación.[7]

Wu terminou o seu doutoramento en xuño de 1940, e foi recoñecida pola irmandade honorífica Phi Beta Kappa. A pesar das recomendacións de Lawrence e Segrè, non puido conseguir un posto nunha universidade, polo que permaneceu no Laboratorio de Radiación como bolseira posdoutoral.

Segunda guerra mundial

editar

Wu e Yuan casaron na casa de Robert Millikan, supervisor académico de Yuan e presidente de Caltech, o 30 de maio de 1942. Ningunha das súas familias puideron asistir debido ao estalido da Guerra do Pacífico. Mudáronse para a costa leste dos Estados Unidos, onde Wu converteuse en membro da facultade do Smith College, unha universidade privada para mulleres en Northampton, Massachusetts, mentres Yuan traballaba en radar para RCA. Ela atopou o traballo frustrante, xa que só podía dar clase e non había oportunidade para a investigación. Pediu axuda a Lawrence, que escribiu cartas de recomendación a varias universidades. Smith respondeu convertendo a Wu en profesora asociada e aumentando o seu soldo. Aceptou un traballo na Universidade de Princeton en Nova Jersey como instrutora de oficiais navais.[3]

En marzo de 1944, Wu uniuse ao Proxecto Manhattan nos laboratorios de materiais de aliaxe substitutos (SAM) na Universidade de Columbia. Vivía nun dormitorio no campus e volvía a Princeton as fins de semana. O papel dos Laboratorios SAM, encabezados polo científico Harold Urey, foi apoiar o programa de difusión gasosa ( K-25) para o enriquecemento de uranio do Proxecto Manhattan. Wu traballou xunto co físico James Rainwater nun grupo dirixido por William W. Havens, Jr. cuxa tarefa era desenvolver a instrumentación do detector de radiación.

En setembro de 1944, Wu foi contactada polo enxeñeiro de distrito de Manhattan, o coronel Kenneth Nichols. O Reactor B recentemente comisionado no lugar de Hanford atopouse cun problema inesperado, arrincando e apagando a intervalos regulares. John Archibald Wheeler sospeitaba que un produto de fisión, xenón-135, cunha vida media de 9,4 horas, era o culpable, e podería ser un veleno nuclear. Segrè entón lembrou o traballo que Wu fixera en Berkeley sobre os isótopos radioactivos do xenón. O artigo sobre o tema aínda non fora publicado, pero Wu e Nichols foron ao seu dormitorio e recolleron o borrador mecanografado preparado para a publicación Physical Review. O xenón-135 era o culpable; resultou ter unha sección transversal de absorción de neutróns inesperadamente grande.[3]

Despois do final da guerra en agosto de 1945, Wu aceptou a oferta dun posto como profesora asociada de investigación en Columbia. A comunicación coa China foi restaurada, e Wu recibiu unha carta da súa familia, pero os plans de visitar China foron interrompidos pola Guerra civil chinesa, e o nacemento en 1947 dun fillo, Vincent Yuan (en chinés tradicional, 袁緯承), que creceu para converterse en físico como os seus pais. En 1949, Yuan uniuse ao Laboratorio Nacional de Brookhaven e a familia mudouse a Long Island. Despois de que os comunistas chegasen ao poder na China ese ano, o pai de Wu escribiu instándoa a non regresar. Como o seu pasaporte fora expedido polo goberno do Kuomintang, resultáballe difícil viaxar ao estranxeiro. Isto finalmente levouna a tomar a decisión de obter a cidadanía estadounidense en 1954. Ela permanecería en Columbia polo resto da súa carreira. Converteuse en profesora asociada en 1952, profesora titular en 1958 e catedrática de física Michael I. Pupin en 1973. Os seus alumnos chamárona a Dama do Dragón, polo personaxe dese nome na tira cómica Terry e os piratas.[3]

  1. Chiang, T.-C. (27 de novembro de 2012). "Inside Story: C S Wu – First Lady of physics research". CERN Courier. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 5 de abril de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 McGrayne 1998
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Chiang, 2014.
  4. 4,0 4,1 Weinstock, Maia. "Channeling Ada Lovelace: Chien-Shiung Wu, Courageous Hero of Physics". Scientific American Blog Network (en inglés). Consultado o 2021-05-12. 
  5. Benczer-Koller, Noemie (2009). «Chien-Shiung Wu 1912–1997». Biographical Memoirs (National Academy of Sciences): 3-16.
  6. "Ursula Lamb, UA historian, dies at 82". archive.is. 2015-04-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 2021-05-12. 
  7. Wu, Chien-Shiung; Segrè, Emilio (1945-03-01). "Radioactive Xenons". Physical Review 67 (5-6): 142–149. doi:10.1103/PhysRev.67.142. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar