Robert Andrews Millikan

físico estadounidense

Robert Andrews Millikan, nado en Morrison, Illinois o 22 de marzo de 1868 e finado en San Marino, California o 19 de decembro de 1953, foi un físico estadounidense que gañou o Premio Nobel de Física en 1923 primordialmente polo seu traballo para determinar o valor da carga do electrón e o efecto fotoeléctrico. Tamén investigou os raios cósmicos

Robert Andrews Millikan
Robert Andrews Millikan en 1891
Datos persoais
Nacemento22 de marzo de 1868
Lugar Morrison, Illinois, Estados Unidos
Falecemento19 de decembro de 1953 (85 anos)
Lugar San Marino, California, Estados Unidos
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
CónxuxeGreta Millikan
FillosClark Blanchard Millikan, Glenn Allan Millikan e Max Millikan
Actividade
CampoFísica
Alma máterOberlin College
Universidade de Columbia
Director de teseMichael Pupin
Albert Abraham Michelson
Alumnos de teseWilliam Pickering
Robley D. Evans
Harvey Fletcher
Chung-Yao Chao
Contribucións e premios
Coñecido porcarga do electrón
física de radiación cósmica
Premios Premio Nobel de Física (1923)
Medalla Hughes (1923)
Medalla Franklin (1937)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Estudou nas universidades de Columbia, Berlín e Gotinga. En 1896 foi nomeado profesor de física na Universidade de Chicago. Abandonou a universidade en 1921 para asumir o cargo de presidente do Instituto tecnolóxico de California, en Pasadena.

Investigacións científicas Editar

Estudou nun principio a radioactividade dos minerais de uranio e a descarga nos gases. Logo realizou investigacións sobre radiacións ultravioletas.

De 1910-1917, mediante o seu experimento de "a pinga de aceite", determinou a carga do electrón:1,602 × 10-19 culombios; a súa masa en repouso é: 9,109 × 10-31 kg.

A carga do electrón é a unidade básica de electricidade e considérase a carga elemental no sentido de que todos os corpos cargados estano cun múltiplo enteiro de devandita carga. O electrón e o protón posúen a mesma carga, pero, convencionalmente, a carga do protón considérase positiva e a do electrón negativa.

En 1916 procedeu a determinar a constante de Planck medindo a frecuencia da luz e a enerxía dos electróns liberados no efecto fotoeléctrico. Posteriormente dedicouse ao estudo dos raios cósmicos (como el os denominou), mediante experiencias efectuadas desde unha profundidade de 20 metros baixo a auga ata unha altura de 16.000 metros, para o que organizou expedicións científicas en Australia e na India. Experimentou desta forma o aumento da intensidade destes raios coa altura.

En 1923 foi galardoado co Premio Nobel de Física "polos seus traballos para determinar o valor de carga do electrón e o efecto fotoeléctrico.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar