Nikolai Basov
Nikolai Gennadievich Basov (en ruso: Николай Геннадиевич Басов), nado o 14 de decembro de 1922 e finado o 1 de xullo de 2001, foi un físico ruso. Premio Nobel de Física de 1964.
Nikolai Basov | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Nikolai Gennadievich Basov |
Nacemento | 14 de decembro de 1922 |
Usman | |
Falecemento | 1 de xullo de 2001 |
Moscova | |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | República Socialista Soviética Federativa de Rusia, Unión Soviética e Rusia |
Alma máter | National Research Nuclear University |
Ocupación | físico, inventor, profesor universitario e político |
Premios | Premio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Order of the Patriotic War 2nd class, Premio Nobel de Física, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Prêmio Kalinga, Medalha de Ouro Lomonossov, Premio Lenin, Orde de Lenin, "Hammer and Sickle" gold medal, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, "Hammer and Sickle" gold medal, doutor honoris causa pola Universidade Politécnica de Madrid e Fellow of the American Physical Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Usman, no óblast de Lipetsk, estudou en Voronesh e en 1941 ingresou na Academia Médica Militar de Kuibyshev, en 1943 deixou a Academia para marchar á fronte.
Logo de graduarse en 1950 foi profesor no Instituto de Enxeñaría Física de Moscova e traballou no Instituto de Física Lebedev, do que foi director entre 1973 e 1988. Entrou na Academia de Ciencias da URSS en 1963, foi membro do seu presidium entre 1967 e 1990.
Recibiu o Premio Nobel polos seus traballos fundamentais no campo da electrónica cuántica que conduciu á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e dos láser.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |