John Cockcroft

físico británico

Sir John Douglas Cockcroft, nado o 27 de maio de 1897 e finado o 18 de setembro de 1967, foi un físico británico. Recibiu o premio Nobel de Física por ser o primeiro en desintegrar un núcleo atómico, e foi primordial no desenvolvemento da enerxía nuclear.

Infotaula de personaJohn Douglas Cockcroft
Biografía
Nacemento27 de maio de 1897
Todmorden, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 1967
Cambridge, Inglaterra
Lugar de sepulturaAscension Parish Burial Ground (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónVictoria University of Manchester (en) Traducir
St John's College (pt) Traducir
University of Manchester Institute of Science and Technology (en) Traducir
Richard Huish College, Taunton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseErnest Rutherford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo
  • Física
  • Ocupaciónfísico , científico nuclear , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorAtomic Energy Research Establishment (en) Traducir
    Chalk River Laboratories (en) Traducir
    Montreal Laboratory (en) Traducir
    Ministry of Supply (pt) Traducir
    Universidade Nacional Australiana Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Carreira militar
    Rama militarRoyal Artillery (pt) Traducir e Exército Británico Editar o valor em Wikidata
    ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
    Participou en
    1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
    Familia
    CónxuxeElizabeth Crabtree (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Premios
    Premio Nobel de Física en 1951

    Musicbrainz: 67f30bf9-1cf6-4c44-a156-c7adb128dba8 WikiTree: Cockcroft-713 Find a Grave: 5935484 Editar o valor em Wikidata

    Traxectoria editar

    Cockcroft naceu en Todmorden, Inglaterra. Foi educado na escola de secundaria de Todmorden e estudou matemáticas na Universidade de Manchester.

    En 1928 traballou como investigador no Saint John's College, cargo que desempeñou ata 1946. No ano 1932, e en colaboración co físico Ernest Walton, foi o primeiro en desintegrar un núcleo atómico con partículas subatómicas aceleradas artificialmente. Usaron un acelerador de partículas que desenvolveran para bombardear átomos de litio con protóns. Algúns dos átomos de litio absorbían un protón e se desintegraban en dous átomos de helio. Entre 1941 e 1944, foi supervisor xefe do departamento de Investigación e Desenvolvemento das Forzas Aéreas británicas, e desde 1944 a 1946 exerceu como director da división de enerxía atómica do Consello de Investigación Nacional do Canadá. En 1948 concedéronlle o título de sir e compartiu con Walton o Premio Nobel de Física de 1951.