Luis Alvarez

(Redirección desde «Luis Walter Álvarez»)

Luis Walter Alvarez, nado en San Francisco en 1911 e finado o 11 de setembro de 1988 en Berkeley, California en 1988, foi un físico e profesor universitario norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1968.

Infotaula de personaLuis Walter Alvarez
Nome orixinal(en) Luis Walter Alvarez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1911
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1988 (77 anos)
Berkeley (California
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Profesor universitario
Presidente American Physical Society (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Director de teseArthur Compton Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico , profesor universitario , científico nuclear , inventor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoLawrence H. Johnston (en) Traducir e Richard A. Muller Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeraldine Smithwick
Janet L. Landis
FillosWalter Alvarez
 () Geraldine Smithwick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física (1968)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Alvarez-1581 Find a Grave: 6426730 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 13 de xuño de 1911 na cidade de San Francisco, en California neto do médico asturiano Luís F. Álvarez. Licenciouse en física pola Universidade de Chicago e conseguiu o doutoramento en 1936.

Aínda que foi profesor da Universidade de Berkeley durante toda a súa carreira traballou tamén no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts entre os anos 1940 e 1943, así como no laboratorio de Metalurxia da Universidade de Chicago entre 1943 e 1944, e colaborou con Robert Oppenheimer no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica.

Investigacións científicas editar

Dirixiu a construción do primeiro acelerador de partículas lineal de protóns entre 1946 e 1947 e inventou a cámara de burbullas de hidróxeno líquido, coa cal identificou moitos estados de resonancia de partículas xa coñecidas. Ao longo da súa carreira tocou un amplo abanico de temas físicos, como os raios cósmicos (é o codescobridor do efecto Leste-Oeste), física nuclear, tema en que estudou a captura de electróns K, a produción de neutróns lentos e descubriu a radioactividade do tricio e varios temas de física de altas enerxías.

En 1968 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas contribucións na clasificación de partículas elementais grazas ao acelerador de partículas lineal.

Xunto ao seu fillo, o xeólogo Walter Alvarez, propuxo a teoría da extinción dos dinosauros por efecto da caída dun gran meteorito na península do Iucatán, México. No campo da arqueoloxía tamén se fixo famoso polo seu sistema para observar o interior das pirámides de Exipto a través dos raios X.

Recoñecementos editar

No seu nome bautizouse o asteroide (3581) Alvarez descuberto o 25 de abril de 1985 por Carolyn S. Shoemaker.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar