Russell Alan Hulse

astrónomo estadounidense

Russell Alan Hulse, nado o 28 de novembro de 1950 en Nova York, é un astrofísico estadounidense e gañador do Premio Nobel de Física en 1993, xunto co seu mestre de tese Joseph Hooton Taylor Jr., "polo descubrimento dun novo tipo de púlsar que abre novas posibilidades para o estudo da gravitación". É un especialista en estudos de pulsares e ondas gravitacionais.

Russell Alan Hulse
Russell Alan Hulse.jpg
Nacemento28 de novembro de 1950
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Massachusetts Amherst, Cooper Union e The Bronx High School of Science
Ocupaciónastrónomo, físico, astrofísico e investigador
PremiosPremio Nobel de Física, Fellow of the American Physical Society e Fellow of the AAAS
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Educouse no instituto do Bronx e foi estudar a The Cooper Union, un instituto do baixo Manhattan, e logo á Universidade de Amherst, onde recibiu o seu doutoramento en 1975.

Foi mentres traballaba como estudante de investigación en Amherst no seu proxecto de tese doutoral cando Hulse levou a cabo as observacións que conduciron ao descubrimento do púlsar binario, utilizando o radiotelescopio de Arecibo.

Posteriormente traballou no observatorio Nacional de Radioastronomía dos Estados Unidos de 1975 a 1977. Desde 1977 traballou no laboratorio de física de plasma da Universidade de Princeton nun proxecto de investigación sobre produción de fusión nuclear en reaccións sostidas que poderían utilizarse na produción de enerxía a partir dos mesmos procesos que manteñen quentes o Sol e as estrelas.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar