Felix Bloch
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Felix Bloch, nado en Zúric (Suíza) o 23 de outubro de 1905 e finado en San Francisco (E.U.A.) o 10 de setembro de 1983, foi un físico norteamericano de orixe suíza, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1952.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1905 Zürich, Suíza |
Morte | 10 de setembro de 1983 (77 anos) Zürich, Suíza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Suíza |
Educación | ETH Zürich Universidade de Leipzig |
Director de tese | Werner Heisenberg e Peter Debye |
Actividade | |
Campo de traballo | Física, electrón, ferromagnetismo (pt) e magnetic resonance (en) |
Ocupación | físico , profesor universitario , científico nuclear |
Empregador | Universidade de Leiden, Q65561104 . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (1971–1972) Proxecto Manhattan (–1943) Universidade Stanford ETH Zürich |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa, lingua inglesa e lingua alemá |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Carson D. Jeffries (pt) e Michael Schick (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Clara Gertrud Leonore Misch (en) |
Fillos | Ruth H. Bloch |
Premios | |
Traxectoria editar
Naceu nunha familia de orixe xudía. Estudou na Escola Politécnica Federal de Zúric (Eidgenössische Technische Hochschule Zürich) da Universidade de Zúric. Aínda que iniciou estudos en Enxeñería, pronto cambiou aos estudos de Física. Graduado en 1927, proseguiu os seus estudos de Física na Universidade de Leipzig, doutorándose en 1928. Permaneceu en Alemaña, onde estudou xunto a Werner Heisenberg, Wolfgang Pauli, Niels Bohr e Enrico Fermi.
En 1933 abandonou Alemaña por marchar á universidade norteamericana de Stanford, converténdose en profesor desta universidade en 1934 e acadando a nacionalidade estadounidense en 1939.
Investigacións científicas editar
Durante a segunda guerra mundial traballou ao redor da enerxía nuclear no Laboratorio Nacional Los Álamos dos Estados Unidos no Proxecto Manhattan xunto a Robert Oppenheimer, Edward Teller, Otto Frisch, Enrico Fermi, David Bohm, James Chadwick, James Franck, Emilio Gino Segrè, Niels Bohr, Eugene Wigner, Leo Szilard e Klaus Fuchs entre outros. Posteriormente dimitiu para pasar a formar parte do proxecto radar da Universidade Harvard.
Interesado na indución nuclear e a resonancia magnética nuclear, en 1952 foi galardoado, xunto co norteamericano Edward Mills Purcell, co Premio Nobel de Física polos seus estudos, por separado, sobre a medición de campos magnéticos no núcleo atómico, resonancia magnética nuclear.
Entre 1954 e 1955 foi o primeiro director do CERN situado en Xenebra.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felix Bloch |