John Bardeen
John Bardeen, nado en Madison (Wisconsin) o 23 de maio de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 30 de xaneiro de 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.
John Bardeen | |
---|---|
![]() Jhon Bardeen, Premio Nobel de Física en 1956 e en 1972. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 23 de maio de 1908 |
Lugar | Madison |
Falecemento | 30 de xaneiro de 1991 |
Lugar | Boston |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Forest Hill Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Cónxuxe | Jane Maxwell |
Fillos | James Maxwell Bardeen e William Bardeen |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Universidade de Princeton, Universidade de Wisconsin-Madison, Madison Central High School e University of Wisconsin High School |
Director de tese | Eugene Wigner |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Física (1956) Premio Nobel de Física (1972) |
Única persoa en recibir dous premios Nobel de Física. | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Bardeen foi un neno prodixio con grandes dotes para as matemáticas. Estudou na Universidade de Wisconsin-Madison, tras graduarse entrou a traballar en Gulf Research Laboratories de Pittsburgh, pero o traballo non era do seu interese e déixao para doutorarse en matemáticas pola Universidade de Princeton baixo a dirección do Premio Nobel Eugene Wigner.
En 1938 entrou como axudante na Universidade de Minnesota, durante a participación dos Estados Unidos na segunda guerra mundial traballou nun laboratorio militar.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |