William Bradford Shockley

William Bradford Shockley, nado en Londres o 13 de febreiro de 1910 e finado en Stanford (California) o 12 de agosto de 1989, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.

Infotaula de personaWilliam Bradford Shockley Jr.

William Shockley o 1975.
Nome orixinal(en) William Bradford Shockley Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1910
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte12 de agosto de 1989
Stanford, California
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de próstata Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAlta Mesa Memorial Park (pt) Traducir
Palo Alto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en filosofía (–1936)
Instituto Tecnolóxico de California - graduado en ciencias (–1932) Editar o valor em Wikidata
Director de teseJohn Clarke Slater (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo
  • Física
  • Ocupaciónfísico , inventor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorBell Labs (pt) Traducir
    Universidade Stanford
    Shockley Semiconductor Laboratory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Familia
    CónxuxeJean Bailey (en) Traducir
    Emmy Lanning (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    PaiWilliam Hillman Shockley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Cronoloxía
    15 de outubro de 1969Shockley incident (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Premios
    Premio Nobel de Física en 1956

    Musicbrainz: 9b5a9783-6597-483f-ac6a-ea1c72f052db WikiTree: Shockley-442 Find a Grave: 21219520 Editar o valor em Wikidata

    Traxectoria editar

    Era fillo de pais norteamericanos. Instalado coa súa familia en California estudou física no Instituto Tecnolóxico de California para doutorarse no ano 1936 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.

    Finou por mor dun cancro de próstata.

    Investigacións científicas editar

    Iniciou os seus primeiros traballos ao redor dos electróns nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, continuando posteriormente na investigación sobre o radar, até que en 1942 abandonou o seu trabalo nos Laboratorios Bell para desempeñar o cargo de director do Grupo de investigación da guerra antisubmarina da Universidade de Columbia.

    Ao final da segunda guerra mundial os laboratorios Bell formaron un grupo de traballo ao redor da física de estado sólido, conducido por Shockley e o químico Stanley Morgan, coa colaboración de John Bardeen, Walter Houser Brattain, Gerald Pearson, Robert Gibney, Hilbert Moore e varios técnicos. A súa asignación era buscar unha alternativa de estado sólido aos amplificadores de cristal fráxiles da válvula sen carga. As súas primeiras tentativas foron baseadas nas ideas de Shockley sobre usar un campo eléctrico externo nun semicondutor para afectar á súa condutividade. Estes intentos fallaron a cada proba, até que Bardeen suxeriu unha teoría que facía que os estados superficiais evitaran que o semicondutor penetrase no campo. As súas procuras continuaron coa descrición do díodo, a versión electrónica da válvula sen carga. As súas procuras ao redor dos semiconductores levárono a formular o 4 de xullo de 1951 o transistor bipolar, obtendo o seu patente o setembro do mesmo ano.

    En 1957 fundou o seu propio laboratorio de investigación, Fairchild Semiconductor, pero a súa forma de levar a empresa provocou que oito dos seus investigadores abandonasen a compañía o 1958, entre eles Robert Noyce e Gordon Moore que máis tarde crearían Intel.

    No ano 1956 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e Walter Houser Brattain, pola súa investigación en semicondutores e polo descubrimento do efecto transistor.

    A finais da década de 1960 Sockley realizou unhas controvertidas declaracións sobre as diferenzas intelectuais entre as razas, defendendo que os test de intelixencia mostraban un factor xenético na capacidade intelectual revelando que os afro-norteamericanos eran inferiores aos norteamericanos brancos, así como que a maior taxa de reprodución entre os primeiros tivo un efecto regresivo na evolución.

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar